• Escultura “Saavedra” do artista Francisco Leiro

    Escultura “Saavedra” do artista Francisco Leiro

  • Escultura “Saavedra” do artista Francisco Leiro

    Escultura “Saavedra” do artista Francisco Leiro

  • Escultura “Saavedra” do artista Francisco Leiro

    Escultura “Saavedra” do artista Francisco Leiro

Saavedra

Autor

Francisco Leiro

Dimensións

7x4 m

Material

Granito rosa Porriño.

A escultura encravada nunha superficie de madeira semellante a unha batea, nun remanso do río. Representa un espazo cotián, privado e familiar de todas as casas, unha sala de estar: un sofá, unha librería baleira, feita de dura pedra, fría e incómoda, un fogar inseguro e inapracible, onde o calor o poñen as propias persoas que viven nela.

Leiro lle quita toda posibilidade de converterse nunha sala de estar confortable e apracible situándoa lonxe do noso alcance, e dándolle mais inseguridade, se cabe, producido polo balanceo das mareas.

Francisco Leiro

Pintor e escultor galego nace en Cambados (Pontevedra) en 1957, nunha familia de artesáns. Iníciase no oficio da man do seu pai, carpinteiro, Expón por vez primeira na súa vila natal, en 1975. Representa a España na Bienal de São Paulo.

Dende 1986 expón regularmente en ARCO, en Madrid, contan con el dende 1986. A Galería Malbourough, templo mundial da arte contemporánea, o ficha cando aínda non cumprira os 30 anos. A súa obra está en museos de arte moderna de todo o mundo.