• Vista aérea da Illa do Covo no ano 1963

    Vista aérea da Illa do Covo no ano 1963

  • Vista aérea da Illa do Covo no ano 1974

    Vista aérea da Illa do Covo no ano 1974

  • Vista aérea da Illa do Covo no ano 1975

    Vista aérea da Illa do Covo no ano 1975

  • Vista aérea da Illa do Covo no ano 2008

    Vista aérea da Illa do Covo no ano 2008

Historia

Na desembocadura do Lérez, alí onde o río se converte en ría e as xunqueiras invaden a paisaxe. No centro desta paisaxe de auga e terra destaca unha illa, a Illa do Covo. É unha illa natural na marxe norte do río Lérez situada a 500 metros da cidade e orientada basicamente nun eixo Norte–Sur aberto pola esquina Suroeste aos ventos do sur predominantes co mal tempo.

As árbores foron chegando a illa de man do home, con distintos fins ao longo do tempo, primeiro para desecar a marisma, para produción madeireira e por último axardinamento e paisaxístico, quitando o arborado alóctono e trocando por frondosa autóctona.

Baixo a protección das súas formacións de arboredo e ao longo das ribeiras do Lérez existiu e aínda perdura unha riqueza vexetal sen igual que fixo desta paraxe un dos lugares predilectos de Frei Martín Sarmiento para o inicio do estudo científico da botánica e da lingua galega.

As xunqueiras do Lérez deron sustento aos veciños das Parroquia da súa ribeira que secularmente tomaron dela forraxe para o gando e fertilizante natural para os cultivos. O río Lérez é Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), formando parte da Rede Europea Natura 2000.