A Illa do Covo

A illa cuns 70.000m2 é un paraxe singular dun gran valor pola súa riqueza natural, paisaxística e cultural, permitindo a poboación disfrutar das súas areas recreativas, culturais, deportivas e de esparcemento.

A Illa da xunqueira do río Lérez está encravada na zona periurbana da cidade de Pontevedra. Posúe accesos directos a través de pontes e pasarelas que a comunican co entorno urbano. Esta situación de privilexio a converten nun lugar de recreo, paseo e descanso de incalculable valor, a escasos cinco minutos dende o centro da cidade.

Pódese acceder a illa pola pasarela peonil que cruza o Lérez directamente á praza central da illa, que permite comezar unha agradable visita polos camiños e pontellas do parque, situado na marxe esquerda.

Na outra marxe da illa se atopa unha senda peonil que leva ata a praia fluvial e continúa pola beira do Lérez, dando a posibilidade de poder facer percorridos naturais as dúas marxes do río.

Moi preto do acceso sur da illa, se atopa o Pazo da Cultura de Pontevedra, ambos os dous espazos producen unha simbiose, compartindo algúns dos usos que cada un dos espazos carece. A illa se converte nun gran espazo aberto para o seu uso tanto natural como cultural do Pazo da Cultura e este abastece a illa dun grande espazo para o estacionamento de vehículos moi preto da mesma.

Na illa, se atopa tamén unha zona recreativa, situada no este da illa, comunicada co campus universitario e os campos da xunqueira, nela atopamos un quiosco, e o parque infantil para os nenos.

Os múltiples camiños e corredoiras que se reparten por toda a illa son empregados por moitos pontevedreses para facer un pouco de deporte nun sitio privelixiado rodeado de natureza moi preto do centro urbano.