• Garza Real (Ardea cinerea)

    Garza Real (Ardea cinerea)

  • Xunqueira

    Xunqueira

  • Andarrios chico (Actitis hypoleucos)

    Andarrios chico (Actitis hypoleucos)

  • Ánade real (Anas platyrhynchos)

    Ánade real (Anas platyrhynchos)

Natureza e botánica na Illa do Covo

Todo o contorno do Río Lérez é hábitat de valiosas especies de fauna e flora, en especial destacan as Marismas de Alba e a Illa do Covo, esta última é un enclave de gran valor natural e paisaxístico, xunto a zona do río Lérez está declarada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), e incluída dentro da Rede Natura 2000.

Moitas especies das que viven na illa son obxecto de especial protección pola Lei do Patrimonio Natural e están incluídas no Catálogos de especies ameazadas tanto a nivel Estatal como Galego.

As árbores foron chegando a illa de man do home, con distintos fins ao longo do tempo, primeiro para desecar a marisma, para produción madeireira e por último axardinamento e paisaxístico, quitando o arborado alóctono e trocando por frondosa autóctona Hoxe en día podemos contemplar unha grande variedade de especies, tales coma:

  • Bidueiro (Betula pbsecens)
  • Carba (Quercus petrae)
  • Ameneiro (Alnus glutinosa)
  • Freixo (Fraxinus excelsior)
  • Cerdeira (Prunus avium)
  • Salgueiro (Salix sp.)
  • Carballo (Quercus robur)
  • Eucalipto (Eucalyptus globulus)
  • Carballo americano (Quercus rubra)

Entre as especies animais que podemos atoparnos destacan por riba de todo as aves acuáticas como por exemplo:

  • Lavanco (Anas Platyrhynchos)
  • Martiño peixeiro (Alcedo atthis)
  • Garza real (Ardea cinerea)
  • Garzota (Egretta garzetta)
  • Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo)