¿Non é usuario?
Dese de alta e poderá recibir avisos das súas actividades favoritas e moito máis.
¿Xa es usuario?
¿Non é usuario?
Dese de alta e poderá recibir avisos das súas actividades favoritas e moito máis.
O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos, e la Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, regulan os dereitos das persoas afectadas ante o tratamento dos seus datos, especificando que como titulares dos mesmos, poden exercitar ante o O.A. Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación do tratamento.
Dereito de acceso
A persoa afectada ten dereito a ser informada:
Debe distinguirse do dereito de acceso dos interesados aos expedientes administrativos que regula a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas así como o dereito de acceso regulado na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Dereito de rectificación
A persoa afectada ten dereito a obter sen dilación indebida, do responsable do tratamento, a rectificación dos datos persoais inexactos, así como a que se completen aqueles datos persoais incompletos, inclusive mediante unha declaración adicional.
Dereito de supresión (dereito ao esquecemento)
A persoa afectada pode solicitar a supresión dos datos persoais cando concorra algún dos supostos contemplados na lexislación destacando aqueles casos nos que desaparecera a finalidade que motivou o tratamento, ou que os datos persoais se trataran de forma ilícita.
Exceptúase este dereito, nos casos en que deba prevalecer, para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable
Dereito á limitación do tratamento
Permite á persoa afectada obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando:
Dereito á portabilidade
A persoa interesada terá dereito a recibir do responsable do tratamento os seus datos persoais, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou solicitar que sexan transmitidos a outro responsable do tratamento cando sexa tecnicamente posible.
Dereito de oposición
A persoa afectada pode opoñerse ao tratamento:
Delegado de Protección de Datos
O regulamento xeral de protección de datos dispón que os responsables encargados do tratamento deberán designar un Delegado de Protección de Datos no suposto de que o tratamento se leve a cabo por unha autoridade ou organismo público.
As súas funcións consisten fundamentalmente na información e o asesoramento ao Organismo Autónomo e aos seus traballadores sobre as obrigas que lles incumben no tratamento de datos de carácter persoal, e a supervisión do seu cumprimento.
Así mesmo, debe cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos e actuar como punto de contacto entre esta e o Organismo Autónomo.
Por outra parte, calquera cidadán poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos se lle xorden dúbidas sobre o tratamento dos seus datos por parte do Concello ou non está conforme con este, para iso, pode contactar co Delegado de Protección de Datos do O.A. Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra do Concello de Pontevedra dirixíndose por escrito á dirección de correo dto.cliente@conversia.es ou ao teléfono 902877192.