Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • 'Contrariadas', novo ciclo cultural do Concello

21/12/2018

'Contrariadas', novo ciclo cultural do Concello

  • Primeira cita, concerto de Nathy Peluso e Wöyza o vindeiro 14 de xaneiro no Auditorio do Pazo da Cultura
  • Novas promesas do espírito de contradición e vellas glorias que levan anos traballando contracorrente terán cabida no ciclo 

O Concello de Pontevedra traballa na creación dun novo ciclo cultural que con nome de Contrariadas vai a “visibilizar e crear un espazo onde as mulleres con espírito de contradición - que hai moitas con moitísima creatividade- teñan un lugar referente onde poidan amosar o seu potencial”, en palabras da concelleira de Cultura, Carme Fouces.
Neste ciclo terá cabida a música, o teatro, o debate, a regueifa… e como protagonistas a “novas promesas do espírito da contradición e vellas glorias que levan traballando contracorrente dende hai décadas e que son referencia nese concepto de espírito de contradición” sinalou Carme Fouces para engadir que “basicamente son mulleres que teñen moito que dicir e aportar, é unha expresión cultural máis transgresora, máis innovadora, máis rompedora”.
O novo ciclo ten pechada a primeira cita. Será o vindeiro 14 de xaneiro, ás 21.00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura. Sobre o escenario Wöyza e Nathy Peluso, dúas das músicas novas máis “contrariadas” do panorama actual que cunha compoñente feminista moi potente reivindican e revolucionan coas súas letras, bailes e escenografías estilos como o hip-hop, soul, blues, salsa ou reggeaton.
Gabinete de Comunicación comunicacion@pazodacultura.org www.pazodacultura.org axenda.pontevedra.gal www.pontevedra.gal
As entradas para o primeiro dos concertos do Ciclo Contrariadas xa está a venda on line en www.Ataquilla.com
Enlace: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/pazo-da-cultura-depontevedra/9569--ciclo-contrariadas-nathy-peluso-e-woyza.html
Tamén están a venda na Casa da Luz. Hai desconto do prezo da entrada -que vai de 12 ao 18 euros- para grupos de 5 persoas o máis. Neste caso a adquisición ten que ser presencial ou por teléfono 902 504 500

Non hai comentarios en "'Contrariadas', novo ciclo cultural do Concello "

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.