Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • ‘O crédito’, con Antonio Durán ‘Morris’ e Pedro Alonso, aposta por Pontevedra para a súa estrea en Galicia

03/02/2015

‘O crédito’, con Antonio Durán ‘Morris’ e Pedro Alonso, aposta por Pontevedra para a súa estrea en Galicia

PONTEVEDRA, 3 de febreiro de 2015.-  “Gustaríame dicirlle ás persoas que nunca foron ao teatro que se veñen a ver esta obra, van repetir. Seguro. Non teño ningunha dúbida. E estou disposto a devolverlles os cartos se non é así”. En clave de humor, o actor Pedro Alonso presentaba hoxe en Pontevedra xunto ao seu compañeiro de escenario, Antonio Durán ‘Morris’, a obra teatral ‘O crédito’, que chega á cidade esta semana.

Na rolda de prensa, que contou tamén coa participación do director da peza, Fernando Bernués, e a súa produtora, a actriz Mercedes Castro, os actores recalcaron a aposta pola cidade do Lérez para a estrea en Galicia de ‘O crédito’. “Pontevedra é un punto interesante de partida porque é unha cidade que aposta pola cultura e polo idioma”, afirmou Castro.

Nesta liñá, ‘Morris’, lembrou que xa tivera actuado no Teatro Principal no inicio da súa carreira, “e xa daquela era un teatro moi moderno”.

“Un dos grandes atractivos da obra é que a construcción das personaxes remata sendo moi cercana á xente. A cuestión bancaria forma parte do noso anecdotario diario, pero en ‘O Crédito’ o problema bancario trascende para convertirse nunha cuestión humana”, sinalou o recoñecido actor.

Tanto Morris como Alonso coincidiron en que Pontevedra, ao ser a primeira parada da peza, servirá para testar a acollida por parte do público. “Este é un teatro onde se ve de marabilla. É un espazo onde se pode aspirar ao rock and roll en directo”, afirmou Alonso.

Os intérpretes son dous dos rostros máis coñecidos do audiovisual galego. É a primeira vez que ambos coinciden sobre un escenario de teatro, pero non na televisión, xa que traballaron na famosa serie ‘Padre Casares’. Agora dan vida a un empregado de banca e a un cliente que solicita un crédito, respectivamente. A evolución da conversa entre ambos levaraos por uns camiños insospeitados.

‘O Crédito’ é autoría do dramaturgo catalán Jodi Galceran, que tamén escribíu ‘El método Grönholm’ e ‘Paraules ecandenades’.

Pola súa banda, o director da peza que esta semana chega a Pontevedra, Fernando Bernués, é recoñecido pola dirección de espectáculos como ‘O florido pénsil’, ‘La mano del emigrante’ ou ‘El hijo del acordeonista’. Os seus traballos destacan por unha coidada estética e unha intención que imprime emoción e intensidade ás interpretacións.

‘O crédito’ levarase a escena os vindeiros 5, 6 e 7 de febreiro no Teatro Principal, sempre ás 21:00 horas. As entradas xa están á venda dende 10 euros para estudantes, parados e xubilados e a 12 euros para o resto do público. Poden adquirirse na páxina web www.servinova.com, na billeteira telefónica 902504500 ou no propio teatro dende unha hora antes do comezo das funcións.

Non hai comentarios en "‘O crédito’, con Antonio Durán ‘Morris’ e Pedro Alonso, aposta por Pontevedra para a súa estrea en Galicia"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.