Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • “Perplexo”, Premio María Casares ao Mellor espectáculo 2015, este xoves no Principal

21/10/2015

“Perplexo”, Premio María Casares ao Mellor espectáculo 2015, este xoves no Principal

O 1º  Venres Golfo con “Psicópata” de Antón Coucheiro completa a programación de Ponteatro esta semana, ofertando un 30% de desconto nos locais seleccionados.

 

PONTEVEDRA. 21 de outubro de 2013 .- A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, presentaba esta mañá o segundo dos oito espectáculos que conforman o ciclo Ponteatro 2015: “Perplexo” de Ilmaquinario Teatro, que estará este xoves ás 21 horas no Teatro Principal.

Unha comedia “delirante e contemporánea, sobre as dificultades de atopar unha identidade propia nun mundo cambiante. Un delirio, un puzzle que completar polo espectador” segundo o seu director, Tito Asorey. Con estas palabras convidaba a asistir ao que é o segundo montaxe da compañía. Pese a ter como ano de formación o 2012, Ilmaquinario Teatro conta cunha consolidada traxectoria no ámbito do teatro e xa representou hai dous anos na nosa cidade “O home almofada” cunha grande acollida. Regresan a Pontevedra logo de acadar numerosos recoñecementos coma o Premio María Casares ao Mellor espectáculo 2015 por esta peza que fai honra ao seu nome.

Ademáis do público en xeral, que poderá gozar do espectáculo o xoves ás 21h. mercando entradas en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, parados e xubilados) ou, no caso de non esgotarse, 1h. antes na billeteira, serán 400 os escolares de E.S.O, procedentes de 7 centros de Pontevedra, Redondela e Vigo (ESAD Galicia) os que gozarán da mesma en horario matinal ás 11:30h.

Laura Míguez, actriz e produtora, comenta que “o espectáculo aborda cuestións filosóficas coma o Mito da Caverna de Platón ou a Teoría da Evolución de Darwin, que habitualmente se tratan nas aulas dun xeito máis teórico e que en “Perplexo” acadan unha dimensión máis lúdica, por iso mesmo elaboramos unha unidade didáctica para escolares”

Fernándo González, parte do reparto desta embrollosa comedia, destacou o pracer de “traballar sobre nós mesmos, darlle outra volta de torca a cada personaxe”.

Para rematar, Tito agradeceu á concelleira, o esforzó posto en iniciativas coma Ponteatro, nuns tempos nos que “non é sinxelo manter unha compañía de teatro profesional en Galicia”

 

VENRES GOLFOS

O primeiro dos “Venres Golfos” chega este venres ás 23:59 ao Principal de Antón Coucheiro e o seu espectáculo “Psicópata”: Unha comedia negra sobre a falta de empatía, ven con novidades: O público asistente a este espectáculo poderá beneficiarse ao rematar de descontos do 30% nas súas consumicións en El pequeño Karma, Chirala, Marilyn, UFO, Lego e A Fuga de Blas, só amosando a súa entrada ou abono.

Unha iniciativa que se repetirá o 20 de novembro con “STRPTS” de Cinema Sticado e que pretende, segundo comentou a concelleira “que o tesouro do teatro non inunde só o Principal senón toda a cidade”.

 

Non hai comentarios en "“Perplexo”, Premio María Casares ao Mellor espectáculo 2015, este xoves no Principal "

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.