Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Abre o despacho de billetes na Casa da Luz

14/01/2018

Abre o despacho de billetes na Casa da Luz

  • O convenio con Ticketea como nova canle de venda, fixo posible este avance.
  • A partir do luns 15 de xaneiro, o horario será de 9:30 a 14 e de 16:30 a 19:30 de luns a sábado e domingos e festivos en horario matinal de 10 a 14h
  • Polo momento a venda só se realizará en metálico, pero cara finais deste mes, contarán con TPV.

Pontevedra, domingo 14 de xaneiro de 2018.- Hai unhas semanas a  concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentaba en rolda de prensa novas sobre servizo de venda de entradas, ata o momento levado a cabo por Ataquilla. O cambio a Ticketea responde a unha mellora que permite a venda a través da propia web e Facebook do Pazo da Cultura e, a partir de mañá luns, a venda física de entradas na Casa da Luz. Unha ubicación idónea tanto polo seu emprazamento físico nun punto clave do Casco Vello, céntrico e con moita afluencia, como por ser un lugar de información para os visitantes de fóra, que poden querer completar o seu paso pola nosa cidade con algunha actividade cultural das programadas.

Un sevizo que nace en definitiva para achegar a venda dos espectáculos programados por Cultura do Concello de Pontevedra ao maior número de público e entre outras cuestións, para cubrir unha demanda, especialmente do público de idade máis avanzada que non manexa tecnoloxía e carece de correo elecrónico ou non quere facilitar os seus datos bancarios nin online nin telefónicamente, que eran as canles de venda anticipada ata o momento.

O persoal da Casa da Luz, que recibíu unha formación por parte da empresa Ticketea, ademáis de despachar billetes - polo momento só mediante pago en metálico- está capacitado para realizar duplicados de entradas no caso de que o/a titular non as localice e auxiliar na compra online se se prefire a versión dixital á impresa.

Durante o inverno o horario de venda na Casa da Luz será de 9:30 a 14 horas e de 16:30 a 19:30 de luns a sábado e os domingos e festivos de 10 a 14h. Como viña sendo habitual, os despachos de billetes do Pazo e o Teatro Principal abrirán igualmente antes de cada evento: dúas horas antes no caso do Pazo e unha no do Principal, salvo os Domingos do Principal, que son tamén dúas antes de cada pase.

Actualmente están á venda abonos para o Ciclo Voices (Drexler + Birkin + confirmación pendente), abonos e entradas para os Domingos do Principal, a recén anunciada Ana Moura e Jane Birkin coa OFCP. A venda de entradas soltas para Drexler, finalizou.

Non hai comentarios en "Abre o despacho de billetes na Casa da Luz"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.