Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Ara Malikian achega a Pontevedra o seu 'Royal Garage World Tour'

02/01/2019

Ara Malikian achega a Pontevedra o seu 'Royal Garage World Tour'

  • O concerto terá lugar o sábado 23 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura.
  • As entradas están xa á venda en Ataquilla.com e o despacho da Casa da Luz a partir de 50€.

Esta xira amosa os garaxes da vida do violinista, facendo un percorrido sonoro polos máis variados e exóticos estilos da súa carreira.

As entradas, que terán prezos diferentes segundo a zona na que se atopen, están xa á venda no despacho físico da Casa da Luz na Praza da Verdura e en Ataquilla.com e no 902.504.500 a partir de 50€.

En verbas de Ara Malikian: “A miña relación cos garaxes empezou en 1976, cando estalou a guerra do Líbano. No mundo enteiro as bandas máis modernas ensaiaban en garaxes, sacaban de aí os seus sons e creaban un estilo que mudaría a historia da música. Eu non me quería quedar sen formar parte desa movida. Eu tiña dez anos e o meu pai dicíame para convencerme: "Imos fillo, baixemos ao garaxe, imos montar unha banda de rock como a dos Rollings. A miña banda non tiña tanto rolo como a deles, eu non me relacionaba con Keith Richards ou Mick Jagger e falabamos de Rock e música de vangarda, a min esperábame o meu tío Nono cunha trompeta abolada, o meu veciño cunha botella de anís e a miña avoa cunha mandolina… A día de hoxe sigo sen verlle o Rock and Roll pero véxolle o amor e iso é máis que suficiente.Despois viñeron outros garaxes: os alemáns, os ingleses, os parisienses, os españois… Parece ser que estou predestinado a eles. Pásanme cousas fascinantes nos garaxes…”

Non hai comentarios en "Ara Malikian achega a Pontevedra o seu 'Royal Garage World Tour' "

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.