Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Bota a andar o Culturgal 2017, 'Culturdez'

01/12/2017

Bota a andar o Culturgal 2017, 'Culturdez'

  • A corresponsabilidade entre institucións, empresas e público e a inclusión son os pilares básicos desta Feira de Industrias Culturais que cumpre 10 anos.
  • Entre hoxe e o domingo 3 agárdase o paso de máis de 15.000 persoas - profesionais, particulares e famílias, que gozarán das 130 actividades programadas.

PONTEVEDRA, 27 de setembro de 2017.-  A 10ª edición do Cultural, ou Culturdez, botou a andar esta mañá nun acto institucional celebrado no Espazo Libro presidido polos principais representantes das entidades organizadoras e colaboradoras.

Manuel Bragado, presidente da Feira manifestou antes de iniciar as quendas de palabra os seus “mellores desexos de éxito e ventura tanto para os 128 expositores como para todo o público que se achegue estes días ao Culturgal: un espazo de mediación de axentes culturais baseado nun modelo transversal e inclusivo, no que non queremos que haxa barreiras de nigún tipo”. Tras resaltar a corresponsabilidade na que está establecido o evento e a colaboración dos patrocinadores – Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Ministerio de Cultura – destacou a presenza de Portugal como país convidado e homenaxeado. Na súa intervencón, o Vicecónsul da República Portuguesa en Galicia, Manuel Correia da Silva, falou da “importancia de que Portugal e Galicia formen unha comunidade lusófona na que ambas culturas interactúen”.

O Deputado de Cultura, Xosé Leal expreseou primeiramente os seus parabéns á organización por ter convidado á “cultura irmá coa que compartimos moito máis que a lingua: Portugal”. Como patrocinadores da que ata agora era a exposición do Culturgal, manifestou a súa ledicia polo cambio de formato da mesma, converténdose no Espazo de Arte Contemporáneo xestionado polo Museo de Pontevedra que cumplirá próximamente os 90 anos. “É unha oportunidade de amosar un Museo vivo e que sempre foi contemporáneo”.

No seu turno de palabra a concelleira de Cultura, Carme Fouces, deu a benvida á nosa cidade un ano máis. “Unha cidade que ten claro cal ten que ser o apoio que se debe dar á cultura do país. É preciso facer da cultura propia, das nosas artes e letras un produto co que mirar en condicións de igualdade a calquera outra cultura e listo para amosar ao mundo’. Para facilitar esa labor que cree lle dará “o músculo preciso para chegar a bo porto,  logo de moito pelexar conseguimos programar o evento que terá lugar esta tarde ás 17 no Salón de actos: ‘Vías de financiamento europeo para proxectos culturais’ impartido por Augusto Paramio do Ministerio de Cultura.

A concelleira non deixou de convidar ao público a ter os ollos e as orellas abertas porque “pensó que nestes tres días imos atopar grande xoias”. “É case un milagre ter chegao a edición número 10 logo de tantos avatares e golpes que leva recibido a nosa cultura.

Lembrou tamén que o 2018 será un gran anos coas homenaxes a Mª Victoria Moreno no ámbito das letras e Alejandro de la Sota no das Artes.

Para pechar o acto, Román Rodríguez Landín, Conselleiro da Cultura da Xunta de Galicia destacou a programación de calidade e diiversa que cada ano presenta a feira e a colaboración entre diferentes institucións de ámbito público e privado. Tamén o feito de “incluir ao público dentro desta feira profesional, que é o obxectivo de todo esforzó, chegar ao público final reforzando os hábitos de consumo cultural.”

 

Non hai comentarios en "Bota a andar o Culturgal 2017, 'Culturdez'"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.