Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Carme Fouces presenta unha nova edición do Concerto de Aninovo da man da OFCP, o BalletNorte e o coro Gli Appassionati

18/12/2017

Carme Fouces presenta unha nova edición do Concerto de Aninovo da man da OFCP, o BalletNorte e o coro Gli Appassionati

  • O concerto terá lugar o 1 de xaneiro ás 19:30 horas no Pazo da Cultura, baixo a batuta do director convidado Diego Fortes Conde, que foi membro da OFCP
  • As entradas están xa a venda  na propia web do Pazo, Facebook e Ticketea a partir de 10€. Unha novidade á que se lle sumará un despacho físico na Casa da Luz cara medidados de xaneiro.

Pontevedra, 18 de decembro de 2017.- A concelleira de Carme Fouces, presentaba esta mañá o Concerto de Aninovo 2018 acompañada da Presidenta da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Judith Rey e Ignacio García González, membro da directiva da mesma, xa que os/as representantes das outras agrupacións non puideron asistir.

Unha iniciativa que “celebra este ano a súa 6ª edición e non vai ser só un concerto cuns estándares da calidade magníficos, senón  que contará cun coro e 4 parellas de baile do BalletNorte. O que implica que chegará a haber ata 100 persoas no escenario, actuando en directo e coordinando música, baile e voces. É un concerto moi traballado que cubrirá as expectativas de todo aquel que se achegue. Agardamos que o prezo asequible non xogue na nosa contra, xa é un espectáculo equiparable a calquera que teña lugar na Península nestas datas”.

Carme Fouces, antes de deixar paso á presidenta da agrupación musical, destacou o feito de que “apostamos polo noso é descansamos na OFCP para que eles organicen este concerto, por iso é importante que a cidadanía apoie estas iniciativas e gocen delas. Son músicos que viven entre nós, que coidan o noso patrimonio cultural e o exhiben cunha calidade excepcional a que contribúe a boa acústica do Auditorio do Pazo”.

A concelleira adiantou tamén outra novidade: a venda de entradas a través da propia web do Pazo, o seu Facebook e a plataforma ticketea, que se ampliará cara mediados de xaneiro cun despacho físico na Casa da Luz, aberto a diario para venda directa de entradas. Este cambio responde a “un proceso de mellora que fará que a xente estea máis ao tanto  do que se programa e poda mercar cómodamente sen ter que mudar de páxina. Tamén agardamos que teña maior impacto publicitario e onda expansiva”.  

O prezo oscila entre os 10€ e os 15€ e haberá descontos para estudantes, parados e xubilados.

Na súa intervención, Judith Rey destacou que este programa e apto para maiores e pequenos e é unha boa sintonía familiar coa que gozar o primeiro día do ano xa que “nos atrís dos músicos, non hai obras longas e complexas, senon frescura, encanto e brevidade das composicións da dinastía dos Strauss e os seus coetáneos, que fan posible unha viaxe imaxinaria a Viena, capital por excelencia da música clásica”.

Como vén sendo habitual, cada ano a OFCP achega unha novidade para este concerto que en 2018 será a colaboración co coro Gli Appassionati e tamén da súa directora e mezzosoprano Nuria Lorenzo que, na primeira parte do programa interpretará varias arias de ópera coñecidas por todo o público.

Ignacio García, parte da directiva da OFCP que leva varias edicións implicado directamente na organización deste concerto comenta que “é o proxecto da OFCP que máis aceptación ten por parte do público. Cada ano ademais das sorpresas que non se poden desvalar, cambiamos a temática e o directo e, neste caso, Diego Fortes é unha aposta moi especial, ya que tocou con nós durante anos. Tentamos darlle oportunidade a algúen da casa, a xente nova que está empezando e ten moitísima calidade.

 

 

 

 

Compra aquí tus entradas

Non hai comentarios en "Carme Fouces presenta unha nova edición do Concerto de Aninovo da man da OFCP, o BalletNorte e o coro Gli Appassionati"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.