Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Carmen Hermo e Antón Sobral, protagonistas dos Diálogos na Pintura

08/10/2018

Carmen Hermo e Antón Sobral, protagonistas dos Diálogos na Pintura

  • A inauguración da mesma terá lugar este luns 8 ás 20:00h na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura. 

 

  •  Permanecerá instalada e visitable con entrada libre ata o 18 de novembro. 


Na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra do 8 de outubro ao 18 de novembro, Carmen Hermo (A Coruña, 1967) e Antón Sobral (Marín, 1952) achéganse á corrente do Lérez para dende as súas orelas converter a súa pintura en protagonista do outono pontevedrés. ‘Na beira do río. Diálogos na pintura’ chega con eles a súa oitava edición. Diálogos a través das pinceladas de diferentes protagonistas que elixiron a pintura como xeito de expresión e, co paso do tempo, tamén de resistencia fronte a outras disciplinas artísticas e, porque non, fronte a unha sociedade que nunca é o suficientemente agradecida con esta disciplina artística.

A natureza, a paixón mutua polo mar, conflúe neste espazo que se transformará para converterse nun miradoiro artístico fronte á natureza. Un diálogo de confluencias pero tamén de elementos que converten cada unha das súas propostas nun xeito singular de sentir a contorna natural ata o punto de catalizar a través delas as súas inquedanzas como artistas.

O silencio e o acougo de Antón Sobral exténdese por unha pintura íntima. Un xeito de meditar fronte o horizonte e de obrigar a que nós tamén o fagamos. Un acubillo fronte ao balbordo do día a día. Carmen Hermo responde coa súa arte a unha mirada diferente, máis complexa no formal onde se suporpoñen imáxenes e percepcións, froito dunha contaminación visual e sonora que responde a estímulos dunha xeración que medrou fronte á televisión.


Horario de apertura de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.
Gabinete

Non hai comentarios en "Carmen Hermo e Antón Sobral, protagonistas dos Diálogos na Pintura"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.