Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Chega "Pontevedra Escénica": 7 espectáculos de danza, teatro, humor e musicais entre abril e xuño

23/04/2014

Chega "Pontevedra Escénica": 7 espectáculos de danza, teatro, humor e musicais entre abril e xuño

Un amplo programa que ven a completar o ciclo "Imperdibles" que remata en maio con Vetusta Morla + Zoé e Eli Paperboy Reed

 

PONTEVEDRA, 23 de abril de 2014.-  A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou esta mañá a programación  para os meses de abril, maio e xuño, organizada e promovida polo Pazo da Cultura de Pontevedra. Unha ampla oferta de espectáculos teatrais, musicais, de humor e danza baixo o nome de Pontevedra Escénica.  

Un total de 7 eventos que completan o ciclo Imperdibles que remata no mes de maio con Vetusta Morla + Zoé (1 de maio) e Eli Paperboy Reed (14 de maio) e as dúas mostras que acolle o Pazo a partir do venres 25: “Corpo” e “Século XX en bicicleta”.

A concelleira, destacou a importancia de “encadrar este tipo de actividades nun ciclo, cun nome co que a xente se quede e o asocie, conseguindo que cada ano estea pendente da programación”

FULL HOUSE

26 de abril ás 21.00 h no Pazo da Cultura

O Centro Coreográfico Galego achega novamente a danza ao público pontevedrés con este espectáculo que amosa un mundo de contrastes no ámbito da historia da danza, coa utilización do tutú romántico en contraposición aos movementos máis contemporáneos

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 8€ (5€ para estudantes, parados e xubilados) e no caso de non esgotarse, o mesmo día do espectáculo 2 horas antes na billeteira do Auditorio.


PERFORMANCE BLONDY´S COFFEE

29 de abril ás 21.00 horas na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura.

Festexaremos o Día Mundial da Danza con esta performance da compañía Entremáns. Un fragmento de 15 minutos do espectáculo "Blondy´s Coffe", a versión curta para dúas mulleres.

Un encontro dinámico de dúas mulleres que deciden darse cita en diferentes espazos, onde as accións comprimidas en pouco tempo funcionan como un calidoscopio andante. Dúas mulleres sumidas no tedio refúxianse en estraños pasatempos en busca de novas emocións que lles devolvan a súa propia natureza, un hábitat onde encontrarse elas mesmas coas súas miserias e as súas grandezas... unha viaxe polo labirinto da mente feminina.

Dirección, Creación e Interpretación: Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez.

Unha performance con entrada libre, avance da versión extendida que terá lugar a principios do mes de xuño no Teatro Principal.


ESTA NOCHE NO ESTOY PARA NADIE

8 de maio ás 21.00 horas no Pazo da Cultura.

Comedia Musical de Txalo Producciones, escrita e dirixida por Juan Carlos Rubio con Kiti Mánver, Gisela, Bruno Squarcia, David Ordinas como elenco e Raúl Gama ao piano.

Esta noche no estoy para nadie é a historia dunha nai e unha filla, de caracteres opostos, que comparten piso por mor das estreitezas económicas nas que se están a ver logo dos seus respectivos divorcios. Ao longo dunha noite tola, na que non faltan as visitas dos respectivos ex, as verdades e mentiras, as máis íntimas fantasías e os desexos ocultos sairán á luz, provocando unha tormenta de risas e equívocos.

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 17 euros e no caso de non esgotarse 2 horas antes na billeteira do Auditorio.

 

MENÚ DO DÍA: Carlos Blanco e Luis Dávila

24 de maio ás 20.00 e 22:30 horas no Teatro Principal

O novo de Carlos Blanco con Luis Davila, un debuxante de luxo.Ver debuxar a Davila en pantalla xigante as historias de Carlos, en directo. Novas e vellas. As bravas do país, Dora a desbrosadora, os kiwis... Dúas sesións dun espectáculo nunca visto

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 10 € e 8€. No caso de non esgotarse, 1 hora antes de cada función na billeteira do Teatro Principal a un prezo de 12 e 10 €.

 

A CHARCA INÚTIL

29 de maio ás 21.00 horas no Teatro Principal

Da man de Teatro do Atlántico, asistiremos a esta historia: Óscar, profesor de secundaria, é incapaz de seguir exercendo o seu labor no ensino, logo dun episodio de agresión física á que foi sometido  por un dos seus alumnos. A procura da felicidade, a recuperación dos soños perdidos, a dor da perda, a fantasía e o misterio invaden esta sorprendente e fermosísima historia capaz de conmover e divertir ao espectador.

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 8€ (5€ para estudantes, parados e xubilados) e, no caso de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do Teatro Principal.


BLONDY´S COFFE

5 de xuño ás 21.00 horas no Teatro Principal

A compañía Entremáns presenta este espectáculo de danza no que dúas mulleres sumidas no tedio refúxianse en estraños pasatempos en busca de novas emocións que lles devolvan a súa propia natureza, un hábitat onde encontrarse elas mesmas coas súas miserias e as súas grandezas... unha viaxe polo labirinto da mente feminina.

Se a vida é un xogo e do teu estás farto...Na pel de quen gardas as túas lembranzas?

Dirección, Creación e Interpretación: Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez.

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 8€ (5€ para estudantes, parados e xubilados) e no caso de non esgotarse, o mesmo día do espectáculo 1 hora antes na billeteira do Teatro Principal

 

DE AMOR Y LUJURIA

19 de xuño ás 21.00 horas no Pazo da Cultura

Euroscena achega a Pontevedra este espectáculo teatral dirixido por María José Goyanes que ten como base textos clásicos do Século de Oro.

“Mediante esta selección de poemas, he querido mostrar como destacados autores de nuestra literatura tratan en su poesía las diferentes facetas del amor, desde la pureza de su descubrimiento hasta la pasión, transitando por aquellas etapas en las que los celos y los desencuentros llegan a destrozar el sentimiento"

Elenco : Mª José Goyanes,Emilio Gutiérrez Caba, Ramón Langa e Cristina Goyanes 

Venda anticipada de entradas en servinova a un prezo de 14 euros. No caso de non esgotarse, dúas horas antes na billeteira do Pazo da Cultura.

Non hai comentarios en "Chega "Pontevedra Escénica": 7 espectáculos de danza, teatro, humor e musicais entre abril e xuño"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.