Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Esta noite remata o prazo para votar polo Salón do Libro

14/11/2013

Esta noite remata o prazo para votar polo Salón do Libro

Esta noite ás 00:00 horas, remata o prazo para votar polo Salón do Libro no Premio do Público Culturgal

 

Os outros dous nominados, son o Festival de Cans e a Asociación puntoGal

 

PONTEVEDRA, 14 de novembro de 2013.-  Hai tres semanas coñecíamos a nominación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ao Premio do Público Culturgal, un galardón que se outorgará este ano por primeira vez e que supón un recoñecemento público á labor cultural realizada, proposto póla directiva da Feira das Industrias Culturais, Culturgal e votado democráticamente a través da súa propia web.

O número de votos acadados nestes últimos días fixeron que a competición se convertera en directa entre o Festival de Cans (Porriño) e o Salón do Libro de Pontevedra, organizado pola Concellaría de Cultura e o Pazo da Cultura dende hai xa 15 edicións. Dende a organización deste último, agradecen o apoio prestado ata agora, animando aos rezagados a efectuar o seu voto antes das 00:00 horas de esta noite.

O premiado, contará cun espazo na Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se celebrará do 29 de novembro ao 1 de decemebro no Recinto Feiral de Pontevedra. Un escaparate magnífico para acadar unha maior repercusión e darse a coñecer a un maior número de xente. Esé e o obxectivo do Salón do Libro, fomentar a lectura, a imaxinación e a creatividade dos nenos, non só da nosa cidade, senón doutras provincias que, poco a poco e como xá sucedeu nos últimos anos, achegan aos seus nenos/as ao noso proxecto.

http://culturgal.com/premios-do-publico-culturgal-2013/

 

Agradecendo a súa difusión,
Departamento de Prensa e Comunicación

 

1 comentarios en "Esta noite remata o prazo para votar polo Salón do Libro"

14/11/2013 - 16:48

Fernando González

Apurade rapaces que remata o prazo!!!

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.