Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Luísa Sobral e Lila Downs, protagonistas de Voices 2019

27/12/2018

Luísa Sobral e Lila Downs, protagonistas de Voices 2019

  • Carme Fouces e Carlos Montilla de I-radia presentaron os dous concertos do ciclo que inclúe un terceiro concerto por desvelar que terá lugar en maio
  • A compositora e cantante portuguesa estará no Pazo da Cultura o 13 de abril e a artista mexicana o 21 de xuño 
  • As entradas estará desde mañá a venda en www.ataquilla.es, no telg 902.504500 e na Casa da Luz e existe a posibilidade de mercar un abono de 58 euros para as tres citas do ciclo
  • Mercar e agasallar cultura, convite da concelleira de Cultura para este Nadal


A concelleira de Cultura, Carme Fouces e Carlos Montilla de I-Radia Crea desvelaron hoxe dous dos nomes que formarán parte de Voices 2019, a terceira edición dun ciclo xa consolidado que aposta por artistas -vocalistas e instrumentistas- que transcenden o ámbito musical, por artistas con discurso propio, comprometidos coa cultura e socialmente.
O ciclo inclúe tres concertos que terán lugar nos meses de abril, maio e xuño no Pazo da Cultura. Fouces e Mantilla desvelaron hoxe o nome das protagonistas de dous concertos, os de abril e xuño e mantiveron a incógnita sobre o/a protagonista do terceira, aínda que a concelleira apuntou que é unha figura internacional, de moito impacto e que non canta.
Gabinete de Comunicación comunicacion@pazodacultura.org www.pazodacultura.org axenda.pontevedra.gal www.pontevedra.gal
O pano do Auditorio do Pazo da Cultura levantarase o 13 de abril, ás 21 horas, para a acoller á compositora e cantante portuguesa Luísa Sobral que presentará o seu último álbum “Rosa”, inédito até o 25 de xaneiro no Estado Español.
A concelleira de Cultura, Carme Fouces, subliñou o feito de que a afouteza e talento musical de Luísa Sobral estea connosco ao día seguinte do peche do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra -O Salón- que no 2019 estará adicado á literatura en lingua portuguesa e aínda que o espectáculo de Luísa Sobral é para adultos “porá o mellor dos ramos ás actividades traballadas durante un mes arredor da lusofonía”.
MATERIAL LUÍSA SOBRAL https://www.dropbox.com/sh/mwirb06rgdzxqir/AADhIdYnFiAih38KG2WWa-Kla?dl=0
O 21 de xuño, ás 21 horas, será a quenda da mexicana Lila Downs que ten en Pontevedra a única parada en Galicia e unha das catro no Estado na súa xira internacional que ten como centro o traballo “Salón Lágrimas y Deseo”, premiado co Latin Grammy ao Mellor Álbum Tradicional Pop.
MATERIAL LILA DOWNS https://www.dropbox.com/sh/b7gomoy8wzgsaq8/AADaQ84UhKrDussjkro8QmUKa?dl=0
Fouces destacou a calidade escénica e vocal dos artistas de Voices o que converte as entradas aos concertos en un “magní?co agasallo de Nadal” que ademais se estende no tempo polo que anima a “mercar cultura, a agasallar cultura”. Recomendación que ?xo súa Carlos Montilla
As entradas estarán a venda a partir de mañá en www.ataquilla.com ou tel 902.504500 ou na Casa da Luz. O prezo da entrada do concerto de Luísa Sobral vai dos 15 aos 18 euros en venda anticipada, o de Lila Downs dos 24 ao 26 euros e o do concerto sorpresa, de 21 a 25 euros. Mais existe un abono de 58 euros para as tres citas, que ademais de supor un aforro dun 20% inclúe a posibilidade de participar en actividades (charlas, encontros…) cos artistas. “Unha oportunidade única para escoitalos fóra do escenario, noutros espazos..” sinalou o responsable de I-Radia e coordinador de Voices.
Voices é tamén unha plataforma para artistas locais, xa que en cada un dos concertos do ciclo subirá ao escenario algún artista local que interpretará unha o dúas pezas fronte ao público que sempre enche o Pazo en resposta ás propostas musicais e escénicas deste consolidado ciclo

Non hai comentarios en "Luísa Sobral e Lila Downs, protagonistas de Voices 2019"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.