Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Mulleres "Do final e do comezo". Artistas de principio a fin.
  • Anaco da obra "Despois de todo" de Enma Castañeiras

    Anaco da obra "Despois de todo" de Enma Castañeiras

  • Captura da videoinstalación "O feo como forma bela" - Andrea Domínguez

    Captura da videoinstalación "O feo como forma bela" - Andrea Domínguez

  • Peza da serie de fotografías "PO313" - Iria Fervenza

    Peza da serie de fotografías "PO313" - Iria Fervenza

  • Peza da serie "Peter Pan ou o mundo da ambugüedade ambivalente" de Cristina Lago

    Peza da serie "Peter Pan ou o mundo da ambugüedade ambivalente" de Cristina Lago

26/06/2015

Mulleres "Do final e do comezo". Artistas de principio a fin.

O final dunha etapa sempre supón o comezo dunha nova. Así ocorre co alumnado do Grao en Belas Artes da Facultade de Pontevedra que, dende hai xa catro anos, ten a oportunidade de amosar o seus traballos finais na mostra "Do final e do comezo". En 2015 son 43 os proxectos seleccionados nos que están representadas todas as disciplinas artísticas: pintura, video, fotografía, escultura, debuxo, deseño gráfico, etc.

Achegámonos a elas a través de 7 mulleres, 7 artistas que plasmasmaron na súa obra parte do seu ser e do seu bo facer. Todas elas mulleres, si. Porque quizais chegou o tempo, logo de anos e séculos de asociar o mundo da arte ao xénero masculino, de poñelas a elas en primera liña. 

Lembranzas e vivenzas da súa infancia, mulleres pioneiras, viaxes e emocións marcaron os seus traballos. Traballos que para moitas suporán un punto de inflexión no seu camiño como persoas e como artistas que son de principio a fin.

Cristina Lago (Pintura/ilustración). Que se agocha detrás de Peter Pan ou o mundo da ambigüedade ambivalente? Ela sempre tivo claro que ese sería o seu traballo final. Peter Pan e un libro que a influenciou moito: Lino sen coñecer a idea orixinal de James Barrie e impactoume. A intentención desta serie de obras é ofrecer ao espectador a interpretación da obra, sacar a relucir aspectos máis escuros que quedaron ocultos ao longo dos anos, especialmente por mor da película de Disney. 

Andrea Domínguez (Video). O feo como forma bela é unha video-istalación e, como ela mesma recoñece, nunca pensou rematar facendo algo así de proxecto final. O contacto con esta disciplina, especialmente a partir de 3º, fixoa cambiar de opinión: Gústame combinar, ter a posibilidade de colocar unha peza física e facer que se contemple dende diferentes perspectivas. Moita xente que non está dentro do mundo da arte non valora tanto esta disciplina e tes que escoitar comentarios como "iso fagoo eu". Hai moitísimo traballo detrás, de creación, de investigación, de planificación sobre o que queres amosar e transmitir e como facelo.

Mar Ramón (Escultura/cerámica). Autorretrato, Nu apresado, Nu en prato, Nu con flor e Proxecto funcional compoñen o seu traballo, inspirado por mulleres pioneiras e artistas coma Louise Bourgeois, Annette Messager, etc.: Sempre emprego elementos do meu entorno e así o fixen no meu autorretrato. Bonecas que lembran a miña infancia, un pincel polas disciplinas artísticas, a venda que significa protección, os peitos para recalcar que son unha muller e as deportivas porque tamén son algo característico meu. Sobre a mestura que fago de textil e cerámica, penso que son técnicas minusvaloradas en museos e galerías, puco visibles quizais porque o téxtil asóciase á muller e ao fogar e a cerámica está vista como artesanía.

Iria Fervenza (Fotografía). P0313. Así como o ledes. O seu traballo leva nome de estrada, que ademais de simbolizar o camiño, a viaxe, etc. agocha outros segredos: Quero plasmar a evolución do mesmo camiño, dese camiño que facemos todos os días, cheo de cousas que pasan desapercibidas e nas que non te fixas. Como varía o mesmo espazo cos cambios atomosféricos o as persoas que pasan segundo as horas do día. Algunhas fano a diario, chova, vente ou trone. A PO313 vai de Moaña, onde eu vivo, a Marín. Eu unha estrada que percorro dende pequena para vir a Pontevedra. 

Enma Castañeiras (Deseño gráfico). Despois de todo é, segundo nos comenta, un diario emocional, dos empregados en psicoloxía: Rexistro as emocións experimentadas ao longo do día. A persoa escribe as cousas boas que lle pasan e eu o levo ao deseño gráfico, que é para min unha linguaxe universal. Despois de todo, ser feliz pode ser dar un paseo en bici, desfrutar de pequenas cousas que pasan desapercibidas, etc. E a felicidade para Enma é continuar formándose no eido da creatividade publicitaria: unha vocación descuberta ao seu paso por Belas Artes.

Miriam Rodríguez e Natalia Martínez Dopozo. Panal cromático e Pasillo frío son respectivamente os seus traballos, levados a cabo xunto a catro máis dentro do Hospital Provincial de Pontevedra. A súa labor dentro da área de Psiquiatría foi moito máis lonxe que un proxecto final.

Traballamos coa psicoloxía da cor afirma Miriam: Cores que nos levan a sentimentos e sentimentos que nos levan a cores. Cada usuario do centro de día aportou un sentimento e unha cor que fomos degradando. O total entre 25 e 27 é o traballo de todos. Para min foi moi especial levar a cabo este traballo fora das paredes da facultade e, agora que son graduada, quero enfocar os meus estudos ao traballo social no campo das artes.

No traballo de Natalia, a busca de utopías fíxose empregando na maior parte material reciclado. "En base a diferentes test, desenvolvín exercicios para cada un/unha. Traballamos con materiais reciclados que aos usuarios lles daban seguridade e fixemos 6 collages dixitais impresos en lona e unha fotografía colectiva con disfraces escollidos e feitos por eles. A miña aportación foron os fondos e ás figuras xeométricas, o tríangulo que me representa como nexo de unión entre todos eles/as". Un intercambio a Brasil marcou o seu proxecto: A arte para min ten moito máis valor cando hai máis xente implicada, que me aporte a min e eu a ela,.. Encántame traballar con persoas doutra natureza, que non teñan que ver con este mundo, e poder espertar o seu intererese.


Non hai comentarios en "Mulleres "Do final e do comezo". Artistas de principio a fin."

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.