Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • O ciclo teatral Ponteatro pecha con excelentes cifras de asistencia ás 7 obras que se representaron ao longo de 3 meses

20/12/2013

O ciclo teatral Ponteatro pecha con excelentes cifras de asistencia ás 7 obras que se representaron ao longo de 3 meses

Facer todas as representacións en xoves, maioritariamente no Teatro Principal e poñer á venda abonos para o ciclo, influíron moi positivamente na resposta do público, acadando un aforo medio de 240 asistentes por función. 

PONTEVEDRA. 20 de decembro de 2013.- O ciclo teatral “Ponteatro. Os xóves bótalle teatro á vida”, celebrou onte a súa derradeira representación, “Curriculum Vitae”. A comedia sobre a precariedade laboral, de Redrum teatro poñía o peche ao ciclo conformado por 7 obras que se iniciara no mes de outubro con “O método Grönholm” de Talía Teatro. A seguinte foi “Eurozone” de Chévere, que excepcionalmente se celebrou xunto con “Tokio3” no Pazo da Cultura. “O home almofada” de Ilmaquinario Teatro, “Anxeliños” de Espello Cóncavo e o espectáculo de tradición oral e música ao vivo “As Pombas de Carboeiro” de Fantoches Baj e a Banda de Música de Pontevedra completaron o cartel.

A programación teatral de outono está consolidada hai anos, pero con respecto aos anteriores, na tempada 2013 sufríu un incremento de casi o 50 por cento no aforo medio. 

A un cartel que non pasou desapercibido, non só pola calidade e variedade dos seus espectáculos, senón polo chamativo e simpático deseño do mesmo, que convidaba a facer frente ao inverno chuvioso e “botarlle teatro á vida”, sumáronse algún cambios que favoreceron a participación: Establecer os xoves como día fixo para as representacións creando un hábito no espectadores, celebrarar  a maior parte das obras (5 de 7) no Teatro Principal, e a venda de abonos

Como ven sendo habitual, houbo tamén funcións concertadas con centros escolares. Neste caso “O método Grönholm”, “O home Almofada” e “Anxeliños”, todas elas con índice de asistencia elevados por parte de centros do Concello de Pontevedra e outros próximos: PonteCaldelas, O Grove, Poio.

As representacións que contaron con máis publico do ciclo foron “Eurozone” de Chévere no Pazo con preto de 400 asistentes, o que tendo en conta que o aforo é de 752 butacas, supón máis da metade e “Curriculum Vitae” no Teatro Principal, acadando os 250 dun aforo de 434.

Tendo en conta os datos de taquilla de todas as representacións, a asistencia media foi de 240 asistentes por función. Un dato máis que positivo que anima a Concellaría de Cultura e ao Pazo da Cultura a manter este tipo de programación cara outras tempadas.  

Non hai comentarios en "O ciclo teatral Ponteatro pecha con excelentes cifras de asistencia ás 7 obras que se representaron ao longo de 3 meses "

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.