Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • O grupo teatral Triatreros, mención de honra no Bilbao Web Fest

17/10/2015

O grupo teatral Triatreros, mención de honra no Bilbao Web Fest

No certame, competían 36 series de todo o mundo, pensadas e difundidas a través da internet.


Pontevedra. 17 de outubro de 2015.- A compañía teatral galega "Triatreros", que forma parte habitualmente da programación do Pazo, foi garlardoada onte en Bilbao cunha Mención de Honra polo seu traballo "Dalle Jas". A web serie, foi seleccionada entre 36 propostas procedentes de todo o mundo. Entre elas, só outras 4 da categoría oficial eran españolas: Dating Dali, Desenterrats, Sunset e Libres.

Máis representación galega houbo na sección Ametsselection que acollía series de alta calidade que non acadan os resquisitos da oficial ficial. Ínterfecto e Mírame cuando te hablo, participaban nesta categoría xunto a outras dúas procedentes de España e 60 de todo o mundo.

Dalle Jas foi a proposta coa que Triatreros, caracterizado pola improvisación teatral deu o paso ao audiovisual. Unha road movie que ten como fío conductor o humor e a confrontación entre 5 personaxes fixos:Tone Martínez, Bea Campos, Omar Ferrín, Alba Bermúdez e Martín Martínez e Miguel Canalejo e outras colaboracións do panorama teatral e audiovisual galego.

A galardoada compañía, forma parte da programación habitual do Pazo con exitosas representacións coma o "Improchef" do Salón do Libro 2014 "Cociñando Contos" ou "Improperio DF" na Pasada edición de Ponteatro.


 


Non hai comentarios en "O grupo teatral Triatreros, mención de honra no Bilbao Web Fest"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.