Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • O público responde ao Culturgal da “corresponsabilidade”

01/12/2013

O público responde ao Culturgal da “corresponsabilidade”

Máis de 14.000 persoas participaron na Feira das Industrias Culturais en Pontevedra

 

O público respondeu á chamada á “corresponsabilidade” da organización do Culturgal,non só asistindo á feira das industrias culturais durante as tres xornadas senón tamén mercando produtos culturais nos distintos stands e asumindo o pago voluntario da chapa colaborativa. 

“Ti contas no Culturgal” era o lema co que partía esta nova edición da Feira, buscando un compromiso maior do público que asiste á Feira das Industrias Culturais que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra. Despois de tres días nos que máis de 14.000 persoas participaron no programa e visitaron os máis de setenta stands instalados no Pazo da Cultura, a organización do Culturgal valorou de maneira moi positiva a resposta do público que se fixo cargo da situación na que a feira se desenvolveu, cunha redución de máis do 55% do apoio institucional.

“Satisfacción da organización porque un ano máis Culturgal volveu ser a referencia para milleiros de persoas durante a fin de semana. Milleiros de persoas que decidiron acudir a Culturagal a coñecer e gozar da actividade cultural que se desenvolve neste país constatando, de novo, que Culturgal é un evento tremendamente popular. Que xa é un punto de encontro para o público coas novidades culturais así como un punto de encontro entre empresas e axentes que cada ano teñen a Feira commo un espazo de reunión e diálogo”, sinalou Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal, organizadora da Feira.

“Este ano ficamos especialmente satisfeitos de que a sociedade entendese a mensaxe de corresponsabilidade. Case un 20% do público que entrou no Culturgal este ano abonou a entrada responsable de 3 euros a cambio dunha chapa de micropatrocinador. Público que se achegaba ao Pazo xa con toda a intención de pagar a entrada, o que nos dá azos e un novo escenario optimista para o Culturgal do futuro, un Culturgal no que o público xogará un papel máis activo e no que asumirá unha maior responsabilidade”, explicou.

A implicación do público foi tamén a que decidiu a iniciativa gañadora do novo premio promovido por Cultural. O primeiro Premio do Público recaiu no Salondo Libro Infantil e Xuvenil que foi recollido pola concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Ribeiro que valorou a iniciativa en tanto contribuía á“visibilizar os proxectos que temos no país”. O premio foi entregado na xornada de peche no Culturgal nunha sesión festiva na que se recoñeceu a relevancia da iniciativa do Concello de Pontevedra que ten como obxectivo a promoción do libro e a lectura nos públicos novos.

A Feira mostrouse como observatorio e escaparate da cultura galega e, desde a organización valórase de maneira especialmente positiva os cambios introducidos na organización do recinto, coa instalación da carpa para a música e a apertura do espazo cinema. Un agradecemento especial do presidente de Culturgal Xulio Amigo para todas aquelas entidades e empresas que alugaron un stand para participar na Feira "nuns tempos especialmente difíciles, confiando de novo no Culturgal para mostrar a súa actividade e os seus produtos".

Gabinete de comunicación Culturgal

1 comentarios en "O público responde ao Culturgal da “corresponsabilidade”"

02/12/2013 - 19:46

David

Que chula la foto!

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.