Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • O Salón do Libro fai un recoñecemento colectivo aos escritores homenaxeados

31/10/2013

O Salón do Libro fai un recoñecemento colectivo aos escritores homenaxeados

O Salón do Libro, recentemente nominado ao Premio do Público Culturgal, fai na súa 15 edición un recoñecemento colectivos a todos/as os/as escritores/as homenaxeados/as durante estes anos

Este proxecto pontevedrés de fomento da lectura e as aptitudes literarias e creativas nos nenos/as, celebra os seus 15 anos “Cociñando Contos” e contará coa colaboración da ilustradora da AGPI, Pirusca, para deseñar o seu cartel

PONTEVEDRA. 31 de outubro de 2013.- O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, de actualidade nos últimos días pola súa recente nominación ao Premio do Público Culturgal, iniciou xa os preparativos para a súa vindeira edición: a número 15. Como cada ano por estas datas e dado o traballo que supón a organización de todas as actividades que se aglutinan ao longo de 3 intensas semanas, o equipo do Salón xa se reuniu en numerosas ocasións. Antes do verán, coñecíamos o tema central, máis suculento que nunca: “Cociñando Contos” e a súa vinculación ao proxecto europeo “Europa a la carta”. Os seguintes segredos que revelan dende a organización son as datas, do 14 de marzo ao  5 de abril de 2014 e o nome da ilustradora do cartel: Natalia Rey González, alias Pirusca. Un ano máis, foi elixida a proposta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), de entre todos os seus membros que veñen colaborando con este proxecto nos últimos anos realizando, ademais dunha exposición, outras actividades.

Como novidade, e ao tratarse dunha edición tan sinalada, non haberá un único autor/a homenaxeado/a, senón que se fará un recoñecemento colectivo a todos os/as escritores/as de literatura infantil e xuvenil aos que se lles adicou o Salón ao longo destes anos: María Victoria Moreno, Neira Vilas e Anisia Miranda, Bernardino Graña, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín, Gloria Sánchez e Marilar Aleixandre.

Nos próximos días o Salón do Libro iniciará o contacto cos centros escolares para empezar a preparar as colaboracións conxuntas habituais como son os traballos da Sala de Exposicións, e outros específicos desta edición.

O Salón do Libro infantil e Xuvenil de Pontevedra, quere aproveitar esta oportunidade para agradecer á directiva de Culturgal a súa nominación ao Premio do Público, e a todos/as os/as que ata agora prestaron o seu apoio á nosa candidatura.

Lembramos que o prazo para votar remata o 15 de novembro e que ata entón podedes facelo no seguinte enlace: http://culturgal.com/premios-do-publico-culturgal-2013/ de xeito rápido e sinxelo, sen rexistros e a través de todos os vosos dispositivos (portátil, Smartphone, tablet, ordenador de sobremesa, etc).

Agradecemos a súa difusión,                                            

Departamento de Prensa do Salón do Libro.

Non hai comentarios en "O Salón do Libro fai un recoñecemento colectivo aos escritores homenaxeados"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.