Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, gaña o Premio do Público Culturgal 2013
  • Titiricircus de Tanxarina. Salón do Libro "A toda máquina" 2012

    Titiricircus de Tanxarina. Salón do Libro "A toda máquina" 2012

  • Contacontos de Pavís Pavós. Salón do Libro 2012.

    Contacontos de Pavís Pavós. Salón do Libro 2012.

15/11/2013

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, gaña o Premio do Público Culturgal 2013

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, gaña o Premio do Público Culturgal 2013

 

Este galardón, outorgado por primeira vez, recoñece a labor dun proxecto cultural de fomento da lectura con 15 edicións ás costas, que competía co Festival de Cans e a Asociación puntoGal

 

Pontevedra, 15 de novembro de 2013.- As 00:00 horas de hoxe e, tras preto de 3 semanas de votacións dende que se coñecera a nominación por parte da directiva da Feira das Industrias Culturais, Culturgal, pechaba o prazo para amosar o apoio a calquera das 3 candidaturas: A Asociación puntoGal, o Festival de Cans e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Unha carreira que preto da meta se converteu nun man a man entre os dous últimos candidatos. O Festival de Cans e o Salón do Libro "pelexaron" ata minutos antes de que rematara o prazo por conseguir este recoñecemento público e o alcance e a repercusión que suporá formar parte do "escaparate" das Industrias Culturais que se celebrará do 29 de novembro ao 1 de decembro no Recinto Feiral de Pontevedra.

 

Finalmente, 1.914 mostras de apoio, fixeron vencedor o proxecto de fomento da lectura e a creatividade nos nenos/as que celebrará no 2014 a súa 15 edición. O segundo clasificado, o Festival de Cans, acadou 1.674 votos, e a Asociación puntoGal, 196.

 

A organización do Salón do Libro, que esta mesma semana se reuniu cos centros escolares de infantil e primaria para iniciar as colaboracións de cara á edición 2014 "Cociñando Contos", amosa a súa ledicia polo recoñecemento e especialmente polo apoio recibido, destacando que este premio é de todos/as os/as que ao longo destes anos alimentaron este proxecto dende dentro co seu traballo, implicación e creatividade, do público pola súa ilusión de asistir e participar activamente de cada contacontos, obradoiro, espectáculo, etc. e dos medios de comunicación pola cobertura e difusión.

 

O Salón do Libro, que contará grazas a este premio cun espazo dentro do Culturgal onde presentará o cartel da vindeira edición deseñado pola ilustradorada da AGPI, Pirusca, convidará este ano a participar da súa edición 2014 (do 14 de marzo ao 5 de abril) ao Festival de Cans e á Asociación puntoGal, dignos opoñentes.

 

Unha e outra vez, non nos cansamos de darvos as GRAZAS!

 

 

Departamento de Prensa e Comunicación

5 comentarios en "O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, gaña o Premio do Público Culturgal 2013"

15/11/2013 - 11:45

David

Parabéns!!

15/11/2013 - 12:45

PEDRO PICAPIEDRA

felicidades a todos y en particular a Ana, verdadera alma mater del salón do libro

15/11/2013 - 13:00

VILMA

eso es, y además, siempre va muy mona.

15/11/2013 - 16:58

Andrea Bayer

Que ben, é que as cousas ben feitas e co tempo dan os seus froitos. Parabéns, e a celebrar a XV edición por todo o alto.

16/11/2013 - 00:25

Tino L.

Merecido¡¡¡¡. PARABENS

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.