Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Os Domingos do Principal regresan o 21 de xaneiro con 7 propostas

20/12/2017

Os Domingos do Principal regresan o 21 de xaneiro con 7 propostas

 

  • Galiza, Catalunya, Salamanca, Canarias e Francia son as procedencias das compañías que achegarán 7 espectáculos para nenos/as a partir de 3 anos.
  • As entradas e abonos están xa á venda a un prezo de 4€ e 21€ respectivamente na propia web do Pazo, Facebook e Ticketea.

 

PONTEVEDRA. 28 de decembro de 2015.- A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou esta mañá acompañada por Xacobe Rodríguez de Teatro Akatro, a edición número 19 dos Domingos do Principal: “Coido que é un dos ciclos máis veteranos alomenos deste lado da península. Son 19 anos de éxitos nos que nos visitaron as mellores compañías de teatro, danza, etc do estado e do extranxeiro, como este ano que nos visita Claire Ducreux dende Francia.  É un ciclo que adoita esgotar as súas entradas pesa a ter a osadía hai anos de establecer a dobre sesión en quenda de mañá ás 12:00 e de tarde ás 18:30 horas. Unha aposta que non todo o mundo está disposto a facer”

Sobre os prezos, asequibles e populares – 4€ a entrada individual e 21€ o abono-  a Concelleira comentou que están xa á venda na web do Pazo, Facebook e Ticketea e que agarda que “cara o 15 de xaneiro estea xa montada a caixa central na Casa da Luz como despacho físico de billetes onde haberá tamén unha carteleira con todas as entradas que se atopan á venda do Pazo e o Principal”

Os abonos – de tarde ou de mañá – darán dereito a asistir aos 7 espectáculos programados entre o 21 de xaneiro e o 11 de marzo, recomendados a partir de 3 anos.

A concelleira resaltou que “son una  proposta ideal como agasallo de Nadal para pequenos/as e grandes que ademais van a gozar máis alá destas datas.

Tamén se programarán 3  pases concertados con centros escolares os luns 29 de xaneiro, 19 de febreiro e 12 de marzo.

Xacobe Rodriguez de Teatro Akatro – organizador e programador deste ciclo- debullou as 7 pezas escollidas “entre as que intentamos abarcar todos os ámbitos escénicos: danza, teatro de actor, clown, músical, xestual, etc” . Marcel Gross, encargado de abrir o ciclo o 21 de xaneiro con ‘Universario’ “xa estivo nos Domingos noutras dúas ocasións e ambas foi o espectáculo mellor valorado do mesmo tanto por menores como maiores de 13 anos”. Outra peculiaridade é a peza francesa ‘Refugie Poetique’ de Claire Ducreux que, cunha duración de 30 minutos presenta un “espectáculo de danza intimista cunha elegancia e sutileza que chega moi ben aos rapaces”.  Pola súa banda o espectáculo ‘Me llamo Suleiman’ de Unahoramenos (Canarias) “narra a historia dunh neno dende que sae de África ata que chega a patera. Está recomendando a partir de 12 anos e executado por unha soa actriz con bonecos e proxeccións audiovisuais. É un espectáculo moi premiado que amosa unha parte da historia que normalmente no é visible”.

Antes de pechar a Concelleira afirmou sobre este ciclo e a programación en xeral que “temos un compromiso claro coa cultura e conseguimos que o público de Pontevedra sexa un público que vén formado e estea acostumado a ver espectáculos dende novo, aprecialos e ser crítico, xa que Domingos conta cun cuestionario que ao remate de cada función os propios nenos – e tamén os adultos- cubren”.

Merca aquí as túas entradas e abonos.

ticketea

Non hai comentarios en "Os Domingos do Principal regresan o 21 de xaneiro con 7 propostas"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.