Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Pablo Alborán e o seu disco "Terral" chegarán ao Recinto Feiral de Pontevedra o 11 de setembro de 2015

10/12/2014

Pablo Alborán e o seu disco "Terral" chegarán ao Recinto Feiral de Pontevedra o 11 de setembro de 2015

En febreiro de 2015, Pablo Alborán iniciará a súa volta aos escenarios cunha xira por 20 países. Estará en España a partir do mes de maio e na nosa cidade, o 11 de setembro. A explanada superior do Recinto Feiral é o emprazamento que acollerá este concerto, máis que agardado polo seu público xa que “Terral”, que así se chama o disco, é segundo el mesmo comentou, a súa esencia. Un punto e aparte na súa carreira, que conta coa frescura dun primeiro álbum.

“Terral es una palabra con la que estoy muy familiarizado, como todos los que somos de Málaga. Es ese viento muy caliente y que de noche se convierte en una brisa cálida que te envuelve. Es una expresión muy malagueña pero que define también muchas cosas que explican este álbum. Terral es también un título que tiene muchas raíces y se dice en todos los idiomas”. (Pablo Alborán)

Este disco, chega logo dun periodo de reflexión do artista, dun renacer: “Llegó un momento en el que pensé que si no vivía, no podría componer. Sin vivencias no tendría nada que contar. Decidí entonces que tenía que volver a vivir.  A escolla dun novo productor, Eric Rosse, foi unha peza decisiva, xa que empurrou a Alborán a gravar el mesmo o piano e guitarra do disco, xa que é así como compón e ningún músico pode facelo e transmitir do mesmo xeito que el. Todo un acerto que consolida ao artista e da a coñecer novas facetas como músico ou arranxista.

Con só 25 anos de idade, ten un currículo envexable e é toda unha referencia da música pop actual. En España conseguiu 26 discos de platino (oito polo primeiro disco, outros oito polo acústico e dez polo álbum Tanto). Tamén conseguiu sete discos de platino en Portugal e a súa carreira comezou a ser descuberta do outro lado do Atlántico onde fará un esforzo especial de promoción nesta nova xira.

As entradas están xa a venda a través de diferentes plataformas a un prezo de 25€ + gastos de tramitación e tamén en tendas físicas que podedes consultar aquí.

Non hai comentarios en "Pablo Alborán e o seu disco "Terral" chegarán ao Recinto Feiral de Pontevedra o 11 de setembro de 2015"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.