Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Ponteatro, ata primavera

19/02/2018

Ponteatro, ata primavera

  • 'Nacidas Libres' chegará o Principal o 7 de marzo e 'Casa O`Rei' o 3 de maio 
  • Ambos espectáculos forman parte dos 15 espectáculos e 27 funcións contratadas a través da Rede Galega de Teatro para o primeiro semestre de 2018.
  • As actrices de Contraproduccións secundarán a folga do 8 de marzo, polo que a representación de ‘Nacidas Libres’ será finalmente o mércores 7 ás 21:00h.
  • As entradas anticipadas para ambas pezas, están xa a venda nas canles habituais, Ticketea e o despacho da Casa da Luz.

 

O departamento de Cultura do Concello mantén a súa aposta pola produción musical e teatral galega e prolonga o ciclo Ponteatro ata a primavera, incorporando ao programa ‘Nacidas libres’ de Contraproduccións o vindeiro mércores 7 de marzo e ‘Casa O`Rei’ de Ibuprofeno Teatro o xoves 3 de maio.

O ciclo, que ten lugar habitualmente no Teatro Principal ás 21h dos xoves, modificou a data da primeira representación - ‘Nacidas Libres’ – porque  o elenco do espectáculo, formado por Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño, secundará a folga do 8 de marzo.

O texto, de Cándido Pazó conta como catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo,fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xunta´ndose nunha aulade cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome. En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventu´ranse a promovelo elas, encomenda´ndollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais: A polici´a rescata tres monxas indias retidas contra a su´a vontade nun convento de clausura en Santiago.

Será o 3 da maio cando poidamos gozar do espectáculo ‘Casa O`Rei’ de Ibuprofeno Teatro que completa a triloxía gastronómica, xunto con 'O furancho' e 'Raclette'.

Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Ambos espectáculos – para os que a venda anticipada xa está activa en Ticketea e a Casa da Luz ao prezo habitual de 8€ e 4€ para parados, estudantes e xubilados - forman parte dos 15 espectáculos e 27 funcións contratadas a través da Rede Galega de Teatro, que terán lugar ao longo do primeiro semestre de 2018 e supón un incremento respecto ao 1º semestre de 2017 no que os espectáculos contratados foron 9.

 

Maioritariamente en galego, algúns integran os Domingos do Princiapal e outros poderán ser vistos a partir do 6 de abril dentro da programación do o Salón do Libro ‘Mulleres de Conto’

Non hai comentarios en "Ponteatro, ata primavera"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.