Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Ponteatro, unha escolma da mellor escena galega e en galego

14/08/2018

Ponteatro, unha escolma da mellor escena galega e en galego

?O Teatro Principal acollerá seis funcións: catro en sesións de xoves e dúas nos venres (golfos), entre setembro e decembro ?

O 15 de Novembro será a estrea da obra “Invisibles” baseada na libro de testemuñas de vítimas da violencia de xénero de Montse Fajardo

?O pano levantarase tamén no Pazo da Cultura que acollerá a Tempada de Teatro, con cinco obras: unha para adultos e catro para público familiar


Co outono chega unha nova edición de Ponteatro, que traerá ao Teatro Principal unha escolma dos mellores espectáculos que se poden atopar na escena galega e en galego, seleccionados xunto coa Rede Galega de Teatro. O pano tamén se levantará no Pazo da Cultura onde a nova estación traerá a Tempada de Teatro. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a programación de Ponteatro e da Tempada de Teatro para o último trimestre do ano, unha oferta variada e de calidade e con funcións para todo tipo de público. Convidou a todos e todas a tomar nota e facer planes para ir ao teatro. Como en edicións pasadas, o gravado dunha estampa de teatro ilustra o cartaz de Ponteatro. Nos próximos días abrirase nas redes o concurso para adiviñar que parella é a representada na imaxe e gañar entradas de balde. As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo por función é de 8 euros e menores, xubilados e parados, 4 euros máis gastos de tramitación. O abono para todas as funcións é de 36 euros. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Principal dende unha hora antes de comezar a función. Ponteatro botará a andar o 4 de outubro e inclúe seis obras: catro funcións, que se celebrarán en xoves e ás 21 horas e dous funcións, correspondentes aos Venres Golfos que levantarán o pano ás 23.59 horas..

TEATRO PRINCIPAL. Xoves

• A leituga de Eme2 emoción&arte . 4 de outubro, ás 21 horas

Cinco familiares reúnense na casa da irmá maior, Virxinia (Mercedes Castro) e o seu marido, Héctor (Antonio Durán Morris), para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos.? O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai... A Leituga aborda en clave de humor un con?ito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún punto das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte?

• Elisa e Marcela de A Panadaría (coprodución co CDG). 18 de outubro, ás 21 horas

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer o?cial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o estado.

• Invisibles de Redrum Teatro. 15 de Novembro, ás 21 horas

Espectáculo coproducido coa Concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra, que se basea no libro “Invisibles, relatos do maltrato” da xornalista Montse Fajardo. A obra recolle o relato de 7 vítimas reais do maltrato, e centrou os actos do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres en 2017. Será a súa estrea.

• Tropical de Elefante Elegante. 20 de Decembro, ás 21 horas

Espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados... custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos. Desde a ironía e o absurdo, Tropical re?icte situacións que se están a producir non moi lonxe. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, in?nitas historias, desexos e soños que se cruzan.

Venres Golfos

• Goldi Libre do Grupo Chévere. 26 de Outubro, ás 23.59

Espectáculo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, que levou a centos de mozos ao cárcere como presos de conciencia. A obra parte da experiencia persoal e o testemuño do actor César Goldi, que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria. Desde unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista.

• Estás aí? de Redrum Teatro. 2 de Novembro, ás 23.59 horas.

Unha parella acaba de mudarse coa idea de comezar a vivir xuntos. O apartamento é pequeno e incómodo, reina o caos, as caixas de mudanza enchen o lugar, hai problemas coa calefacción e cos veciños do andar de abaixo. Pero isto é nada comparado co que atopan no que eles supoñen o seu novo fogar: a vivenda conta coa presenza dun home invisible. Aínda por riba, este, algo intratable polo seu carácter, non acepta de moi boas maneiras a chegada da nova parella.

Tempada de teatro

Polo que respecta a Tempada de Teatro no Pazo da Cultura, a programación correspondente ao último trimestre do ano inclúe cinco obras: unha para adultos e catro dirixidas a un público familiar. Neste caso a programación chega da man da plataforma estatal Platea que posibilita a inclusión de Pontevedra nas xiras  que as compañías fan por todo o Estado. As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com , no teléfono 902.044.226 ou na billetería central da Casa da Luz. O prezo para función de adultos é de 16 euros máis gastos de tramitación e de 6 euros, no caso das familiares. De non esgotarse as entradas poderánse comprar na billetería do propio Pazo da Cultura dende dúas horas antes de comezar a función. (información actualizada en wwww.pazodacultura.org )

PAZO DA CULTURA

Burundanga. El ?nal de una banda de Verteatro SL. 6 de Outubro, ás 21 horas (para adultos) 

Berta está embarazada de Manel, o seu mozo, pero non llo di porque no sabe que facer. Por non saber, no sabe nin se o seu mozo a quere. Silvia, a súa compañeira de piso, ofrécelle a solución: burundanga, a droga da verdade, unha sustancia que fai perder a vontade e provoca a sinceridade máis auténtica. Decide darlla, pero o resultado é máis inesperado do que agardaba, provocando un divertido enredo.

• El apartamento de Cirk About It. 7 de Outubro, ás 18.30 horas

“El Apartamento” é un lugar onde todo é posible... O que para a maioría das persoas actos coma: erguerse, almorzar, mudar a roupa ou mesmo cambiar unha bombilla se volve algo mecánico e case instintivo; para eles convírtese nunha serie de accións cheas de fazañas e complicacións acrobáticas.

La gallina de los huevos de oro de Zum Zum Teatre. 21 de Outubro, ás 18.30 horas 

Os granxeiros desta historia no perdían o tempo pensando nos cartos e sempre repartían o pouco que tiñan con quen máis o precisaba. Un? día unha galiña chegou a súa granxa e puxo un ovo de ouro... Imaxinades se vos pasara a vós?. “La gallina de los huevos de oro” é unha historia que conta que os cartos son un “conto”.

Akari de Da T. Danza. 4 de Novembro, ás 18.30 horas

Espectáculo de danza e teatro para público familiar que investiga a luz, as súas propiedades e a súa particular forma de viaxar polo ar. A luz, a penumbra, a sombra e a escuridade. Amosa a necesidade que sentimos de aproximarnos a un raio de luz para quentar a nosa pel e de por que todos pechamos os ollos ao facelo. A través da danza, a luz interior de cada un de nós brilla dun xeito especial e único.

Outono de Pistacatro. 26 de Outubro, ás 18.30 horas.

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado: Outono, un espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores. A peza é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise, unha obra de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor. 

Non hai comentarios en "Ponteatro, unha escolma da mellor escena galega e en galego"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.