Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • The Pinker Tones: Da música electrónica aos espectáculos familares

07/11/2015

The Pinker Tones: Da música electrónica aos espectáculos familares

 "Rolf & Flor son á musica o que Pixar aos debuxos. Música para pequenos que emociona aos maiores"  é a frase que nos define perfectamente, comenta o Profesor Manso

 

PONTEVEDRA. 7 de novembro de 2015.-  O Pazo da Cultura acollerá mañá ás 18:30h o 1º espectáculo do Festival das Cóxegas, “Rolf & Flor en Londres” de The Pinker Tones: Un espectáculo acústico para toda a familia que mestura pop, indie, folk.  As entradas están á venda anticipadamente en Ataquilla.com e dúas horas antes na billeteira do auditorio a un prezo de 6€.

Pinker Tones fixéronse mundialmente coñecidos polos seus shows de música electrónica. Falamos con Alex, Profesor Manso, para coñecer como decidiron traballar pensando nos máis pequenos/as.

The Pinker Tones son Profesor Manso e Mr.Furia. Como se coñecen?

Estudamos xuntos na Facultade de Humanidades e, logo de varios anos sen vernos, coincidimos 3 veces na mesma semana. Aquelo foi un sinal. Acababan de ofrecerlle a Salva compoñer unha sintonía para un documental, eu tiña un estudio caseiro, e unha cousa levou a outra.

Como dades o salto dos shows de música electrónica a compoñer para nenos/as.

Foi un tema vital. Os dous somos agora pais de dúas nenas cada un. Era complicado compaxinar a actividade nocturna, as viaxes polo mundo e logo chegar a casa, os horarios, etc. E logo, unha necesidade artística de crear algo para as nosas fillas. Decatámonos de que lle estabamos a poñer pop, rock, cousas que a nós nos gustaban, pero que non había nada específico para eles. Foi cando pensamos que estaría ben facelo e, do que ía ser un disco de versións, naceu Rolf e Flor. 

E logo de Rolf e Flor, viñeron as súas aventuras no Circulo Polar e o que presentades agora, Rolf e Flor en Londes.

O segundo libro disco naceu por petición popular. Empezamos a recibr moitas mensaxes pedindo máis e nos decatamos de que no 1º volume se sentaran unhas bases sólidas de descripción de personaxes, personaxes secundarios. Daba pé e tiñamos ganas de desenvolver como evolucionaba esa relación, xa que no primeiro libro, as súas historias son paralelas pero se coñecen ao final de todo.

Que ten que ter a música para peques? 

Para compoñer para nenos/as hai que ter en conta que son moi intelixentes e sensibles. Tendemos a tratalos como estúpidos. É unha responsabilidade moi grande compoñer para eles, xa que leva mensaxes que os forman como seres humanos. Hai que escribir cousas intelixentes e con chicha, con diferentes niveis de lectura. Os contidos "facilones" cansan enseguida.

Entón, as vosas fillas son ás vosas críticas máis esixentes.

Sempre son as primeiras en escoitar o noso traballo e facemos moito caso das súas reaccións. Sempre te sorprende. As veces estamos convencidos de que algo vai ser brutal e pssss e outras, arriscamos, pensamos que é un contido máis adulto, e resulta que se convirte na súa canción preferida. É xenial ademais, polo que vemos nós e nos contan os pais, que durante meses van atopando cousas novas, a medida que crecen van entendendo detalles que non entendíanda cancións antigas. Co primeiro disco a miña nena tiña 3 anos. Agora ten 6 e fai outra lectura.

Que van atopar os pais que leven aos seus nenos mañá ao Pazo?

Hai pouco lin en twitter unha frase que me pareceu moi acertada : "Rolf & Flor son á musica o que Pixar aos debuxos. Música para pequenos que emociona aos maiores". O espectáculo é un conto cantado, que entre canción e canción leva un narrador. Aos nenos encántalles pero non só escribimos para eles, senón para os seus pais porque sabemos que eles "teñen" que escoitar esa música todo o día e queremos que tamén o disfruten. Son temas moi vitalistas, igual que o eran nos shows de electrónica, porque ao fin e ao cabo, aínda que formal e narrativamente cambiaramos moito, seguimos sendo os mesmos: The Pinker Tones.

 

 


Non hai comentarios en "The Pinker Tones: Da música electrónica aos espectáculos familares"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.