Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Un concurso e un sorteo a partir de mañá, repartirán 3 pases dobres para "Trendingtronching" de Leo Harlem e Sergio Olalla

16/10/2014

Un concurso e un sorteo a partir de mañá, repartirán 3 pases dobres para "Trendingtronching" de Leo Harlem e Sergio Olalla

Inspirado nos carteis de Ponteatro, o concurso consistirá en subir fotos simpáticas de mascotas, optando a gañar 1 pase dobre vip con dereito a coñecer aos monologuistas no camerino, mentres que, pola vía habitual, se sortearán 2 pares de entradas.

Pontevedra, 16 de Outubro de 2014.- A partir de mañá ás 12, todos os interesados/as en asisitir ao espectáculo de humor “Trendingtronching”, con Leo Harlem e Sergio Olalla o 28 de novembro no Pazo da Cultura, vano ter moi fácil.  Un total de 3 pares de entradas de balde serán repartidas por dúas vías diferentes, incentivando a participación dos/as usuarios/as de redes sociais e agradecendo a boa acollida que teñen este tipo de iniciativas.

* CONCURSO: Baseado nos carteis de Ponteatro, o Pazo convida a participar a través da plataforma cooltabs do seu Facebook, no concurso de fotos de cans/cadelas paveros. Seguindo as pautas que se indicarán, optan a gañar 1 par de entradas para asistir a “Trendingtronching” e coñecer a Leo Harlem e Sergio Olalla no camerino, unha vez rematado o espectáculo.

* SORTEO: A través dunha plataforma similar á empregada os pasados días para o sorteo do abono do ciclo Ponteatro, con pasos sinxelos, optarán a gañar dúas entradas dobres máis.

Esta acción promocional realizárase xa anteriormente con “De amor y lujuria” e a pasada semana co abono dobre para todo o ciclo Ponteatro, no que participaron máis de 100 persoas, e do que se fixo público o gañador esta mañá. 

Non hai comentarios en "Un concurso e un sorteo a partir de mañá, repartirán 3 pases dobres para "Trendingtronching" de Leo Harlem e Sergio Olalla"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.