Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

  • Novas
  • Voices regresa a Pontevedra con Jorge Drexler o 20 de xaneiro, Jane Birkin o 27 de outubro e un artista sorpresa

21/12/2017

Voices regresa a Pontevedra con Jorge Drexler o 20 de xaneiro, Jane Birkin o 27 de outubro e un artista sorpresa


  • Os tres espectáculos terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra
  • As entradas para Drexler e os abonos estarán á venda a partir de mañá, venres 22 en Ticketea

PONTEVEDRA. 21 de decembro de 2017.- Xusto un anos despois da presentación da primeira edición de Voices, a concelleira de Cultura Carme Fouces e Carlos Montilla de I-radia Crea, desvelaban dous dos nomes que formarán parte do ciclo no 2018. O primeiro deles, Jorge Drexler e o seu traballo 'Salvavidas de hielo' chegarán o 20 de xaneiro ao Pazo da Cultura e “formará parte das accións que se levarán a cabo para festexar o 20 aniversario do inicio da actividade no mesmo”.

A concelleira continuou a súa intervención destacando a calidade escénica e vocal dos artistas de Voices converténdoo nun ciclo referente ao que cada ano tentamos engadir algo diferente: un bono ideal para agasallar no Nadal que estará composto polos dous concertos confirmados e un terceiro sorpresa. Contará cun 20% de descontó tendo un prezo final de 55€, moi competitivo para a calidade que se ofrece. Ademais, os posuidores do abono terán acceso directo ás sorpresas engadidas que vai a ter cada actuación”

Pola súa banda, Carlos Montilla, promotor do evento a través de I-radia Crea destacou que “o éxito destas iniciativas é a confianza e que se lles dea continuidade. Con este tipo de apostas por parte do Concello de Pontevedra, están poñendo a cidadeno mapa das grandes capitais culturais. Pretendemos vincular o concepto Voices non só a traxectoria musical do artista, senón ao seu compromiso ou ao feito de que realicen unha actividade paralela onde sen cantar, tamén teñan voz”

Entre as novidades deste ano está a de “xerar accións paralelas con cada artista, encontros, etc. que sexan tamén un agasallo para as persoas que merquen o abono confiando no artista sorpresa que non vai a defraudar. No caso de Jorge Drexle vai a ser super dinámico e divertido. É unha persoa divertida e con moito que contar”

Sobre a actuación de Jane Birkin, cabe destacar que polo momento e o único concerto que vai a facer en España, recén chegada dunha xira por Canadá e EE.UU e dende a organización contan con que “atraerá público doutras cidades e terá gran impacto”.

Na aposta habitual do Concello de poner en valor os activos locais, xurde o feito de que Jane Birkin tocará xunto a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, unha sinerxia que contribuirá a posicionar a agrupación a nivel internacional.

As entradas para Jorge Drexler(entre os 15 e 18€) e os abonos tripes (55€) estarán á venda a partir de mañá, venres 22 en Ticketea


JORGE DREXLER presenta 'Salvavidas de hielo'. Jorge Drexler abrirá o sábado 20 de xaneiro a segunda edición do Ciclo Voices no Pazo da Cultura de Pontevedra para presentar os temas do seu novo álbum Salvavidas de hielo. Trátase dun disco cheo de ritmo, de experimentacio´n, de melodi´as e, sobre todo, de grandes cancións. Todo o que soa no álbum (agás as voces) foi gravado integramente con guitarras de todo tipo, para compoñer un son ca´lido, ri´tmico e atractivo.

En cada tema escoitaremos unha catarata de percusións, bateri´as, loops e sintetizadores... aínda que todos foron creados coa guitarra e os seus materiais. As cordas, a caixa de madeira, a pel dun banjo, o metal dun dobro. Os mu´ltiples elementos que proceden deste instrumento musical formaron unha gran banda neste novo proxecto musical de Jorge Drexler.

Para a gravación do disco, que se realizou en Cidade de México e Madrid, Jorge Drexler contou con tres artistas invitadas de excepción: Mon Laferte en Asilo, Natalia Lafourcade en Salvavidas de hielo e Julieta Venegas en Abracadabras.

 

JANE BIRKIN e Orquestra Filharnónica Cidade de Pontevedra. Tras case unha década de silencio (discograficamente falando) e aos seus expléndidos 70 anos, Jane Birkin volve a cantar a Serge Gainsbourg no seu novo álbum, Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique, editado a pasada primavera. Nel reinterpreta, xunto a unha orquestra sinfónica de 90 instrumentos, o repertorio que no seu día lle legou o pai da súa filla Charlotte. Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique inclúe cancións como From L'Anamour, Lost Song ou La Javanaise, temas que Birkin ven cantando desde 1969, cando o lendario poeta compuxo o primeiro álbum para ela, Serge Gainsbourg / Jane Birkin.

En outono de 2018, Birkin chegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra grazas ao ciclo Voices para presentar o concerto Jane Birkin sings Gainsbourg Symphonique, na que, polo de agora, é a única data confirmada pola artista en España. O directo foi eloxiado pola crítica internacional como “un proxecto fascinante que testemuña o amor de Gainsbourg por Brahms e Chopin” (Sunday Times). Toda unha homenaxe ao compositor máis celebrado de Francia en mans da delicada e melodiosa voz de quen fose a súa parella. Birkin contou para a ocasión coa colaboración do compositor e pianista xaponés Nobuyuki Nakajima. En Pontevedra, estará acompañada pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro-Filgueira.




Non hai comentarios en "Voices regresa a Pontevedra con Jorge Drexler o 20 de xaneiro, Jane Birkin o 27 de outubro e un artista sorpresa"

Deixa o teu comentario:

Gracias por tu comentario.