Recinto Feiral

Superficie: 4.875 m2

Alto: 15,2 m

Ancho: 34,4 m

Longo: 165 m

Descargas: Ficha técnica

O Recinto Feiral e un edificio construído polo arquitecto Manuel Casas e inaugurado en decembro de 1998. É un conxunto harmónico de espacialidade, versatilidade e luminosidade; un espazo polivalente para a celebración de actividades feirais, mostras comerciais e eventos culturais.

O edificio ten forma de tetraedro cunha textura dura e fría que lle proporciona o aceiro, os cerramentos de aluminio e as grandes cristaleiras contrastando coa lousa verde do edificio anexo, o Pazo da Cultura, co que ten acceso directo dende o interior, permitindo unha grande versatilidade na utilización conxunta de todas as súas dependencias, de xeito que os servizos de restaurante, cafetería e terraza son de uso común. Está rodeado dun aparcadoiro para 230 vehículos e un enorme espazo aberto lastrado que permite albergar mostras, feiras e concertos ao aire libre.

O recinto dispón de dúas entradas, catro saídas de emerxencia e dúas portas de acceso rodado cun tamaño suficiente para o tránsito de grandes camións, imprescindibles en instalacións deste tipo.

 

Características

Sistema de climatización

Tamén te pode interesar