Sala de Congresos

Aforo: 296 persoas

Superficie: 368 m2

Ancho: 14 m

Longo: 24 m

Descargas: Ficha técnica

A área de congresos do Pazo da Cultura, fórmase principalmente por dous grandes espazos, o salón de actos e a zona de seminarios, repartidos entre o primeiro andar e o segundo do edificio. Cada andar conta cun vestíbulo de 150 m2, un con acceso ao vestíbulo do auditorio e o outro con acceso a terraza do auditorio.

O Salón de Actos conta cunha ampla sala graduada, deseñada en forma cuadrangular. Idónea para a celebración de conferencias, cursos, seminarios e simposios.

As súas grandes fiestras proporcionan unha intensa iluminación natural, podendo ser escurecido para adaptarse ás particularidades de cada evento.

Equipado cos últimos avances tecnolóxicos, ten capacidade para 276 persoas, acomodadas en confortábeis butacas.

 

Características

  • Equipo de tradución simultánea por infravermellos con 55 unidades remotas
  • 1 cabina de control con 4 postos para tradutores
  • Sala climatizada
  • Sistema de megafonía fixo estéreo Optimus
  • Megafonía de mesa e sen fíos de man

Tamén te pode interesar