Seminarios

Nº de seminarios: 8

Superficie: 61 m2

Ancho: 3 m

Longo: 7,8 m

Descargas: Ficha técnica

Os seminarios foron concibidos como espazos multiusos, o Pazo da Cultura dispón de oito seminarios que se adaptan con absoluta liberdade a calquera tipo de encontros e reunións profesionais. Así, constitúen o lugar idóneo para a organización de intensas xornadas de traballo.

Trátase de salas amplas e luminosas que contan cos medios necesarios para a celebración de actos de moi diversa índole, dende cursos e xornadas, ata obradoiros, presentacións de produtos…

Cada seminario ten capacidade para un total de 40 persoas; grazas á mobilidade da súa disposición, estas salas permítennos distintos modelos de posta en escena: tipo teatro, tipo escola, en forma de U…

 

Características

  • Seminarios 1-4: primeiro andar
  • Seminarios 5-8: segundo andar

Tamén te pode interesar