• Construcción do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ano 1992

    Construcción do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ano 1992

  • Construcción do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ano 1993

    Construcción do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ano 1993

  • Construcción do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ano 1994

    Construcción do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ano 1994

  • Construcción do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ano 1995

    Construcción do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ano 1995

Historia

O complexo Pazo da Cultura, comézase a construír no ano 1993, para dar cobertura a oferta cultural que a cidade comezaba a demandar. Emprazado nas antigas marismas do Lérez, no mesmo sitio que se empregaba para as feiras dende finais dos anos 80, cunhas carpas temporais.

O complexo Pazo da Cultura foise construíndo en varias etapas, pola grande envergadura dos seus edificios, o primeiro en inaugurarse foi o edificio que alberga o auditorio, inaugurado no ano 1997 e un ano despois, a finais de 1998, súmase o Recinto Feiral, ámbolos dous edificios son deseñados polo arquitecto valenciano Manuel de las Casas, facendo destes edificios un conxunto moi versátil

que permite o seu emprego de forma conxunta de todas as súas dependencias e servizos.

Son moitos os artistas e grupos que xa pasaron polo Pazo da Cultura e moitas as feiras realizadas nas súas instalacións dende a súa inauguración, o 20 de setembro de 1997, que contou coa exposición “A neutralidade da orde” de Manuel de las Casas (arquitecto do complexo do Pazo da Cultura) e un concerto a cargo da mezzosoprano Teresa Berganza e a Real Filharmónica de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave.