O Pazo da Cultura de Pontevedra

O complexo Pazo da Cultura sitúase na parte noroeste da cidade, na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos cinco minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada.

Atópase rodeado de dez mil metros cadrados de xardíns e zonas verdes, cunhas espectaculares vistas sobre o río Lérez.

O Pazo da Cultura é o escenario ideal para a celebración de todo tipo de eventos, tanto pola súa posición estratéxica e privilexiada, como pola propia beleza das súas instalacións: un espazo tan versátil, como particulares son as necesidades de cada evento.

Hoxe máis que nunca estase a impulsar firmemente o carácter cultural da cidade, demostrando a súa capacidade e o seu rigor profesional para acoller todo tipo de actividades, coidando ao máximo ata o máis mínimo detalle e ofrecendo a todos os seus clientes a posibilidade de darlles un servizo global.

Cunha superficie edificada de case 10.000 m2, este complexo cultural está dotado de auditorio, sala de exposicións temporais, salón de actos, oito seminarios, sala de reunións, sala VIP, sala de prensa, sala de ensaios, sala de descanso, xastraría, camaríns, almacéns, cafetaría/restaurante, xardíns e un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles.

 


ESTATUTOS

Descargar (PDF)


SOLICITUDE DE RESERVA

Descargar (PDF)