Servizos

Teléfonos

Se desexan contratar unha liña de teléfono, o Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra facilitaralle o acceso a ela, debendo a empresa contratar unha alta con Telefónica.

Limpieza de eventos

O alugamento das instalacións inclúe a limpeza, agás que o volume de asistentes sexa superior á media habitual, caso de congresos ou convencións que requiran limpeza adicional, a cal correría por conta da organización, a través da empresa de limpeza habitual do Organismo Autónomo.

Seguridade

O Organismo Autónomo dispón das medidas habituais de seguridade por medio de alarmas volumétricas nocturnas e persoal de conserxería diúrno, durante as horas de apertura ao público.

No caso de requirir algunha seguridade especial, esta deberá ser contratada pola empresa/persoa/institución.

Bandeirolas e pancartas exteriores

Só se permite a colocación de bandeirolas exteriores na porta de acceso ao vestíbulo de exposiciones e na entrada principal do hall do Auditorio, debendo ter unhas medidas no primeiro caso de 3.90x1 metro e 0.1 cms por enriba e por abaixo, e no outro caso de 2.45x1 metro e 0.1 cms por enriba e por abaixo.

Equipos audiovisuais

Se desexan contratar unha liña de teléfono, o Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra facilitaralle o acceso a ela, debendo a empresa contratar unha alta con Telefónica.

O Organismo Autónomo dispón de equipamento para congresos, como proxectores de diapositivas ou de vídeo, punteiros láser, ordenadores, paneis de exposición, rotulación, mandos a distancia, etc. De non ser suficientes deberán ser alugados polo contratista.

No caso de extravío ou rotura dalgún equipamento, auriculares ou extravío ou rotura de receptores inalámbricos, deberá asumirse a responsabilidade da súa reposición.

Cafetaría

A utilización da cafetaría para a contratación dun servizo de catering ou de restauración negociarase directamente coa empresa concesionaria no teléfono 986 874307. Os servizos da cafetaría e restaurante prestaranse nos espazos destinados a tal fin, entendendo como tales as instalacións da cafetaría do Pazo da Cultura e do Recinto Feiral, sendo o acceso ás instalacións do Pazo de Congresos e Exposicións nos horarios anteriormente mencionados.

Os días de mercadillo na explanada do Recinto Feiral o acceso á cafetaría do Organismo Autónomo será polo exterior.