Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

A derradeira tarde do XVI Salón do Libro de Pontevedra

Con moito pesar, pero tamén con moito humor e creatividade, o Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2015 pechaba hoxe as súas portas. Para poñer o punto e final a esta exitosa edición, esta tarde houbo un contacontos ('A señora Alvariño, oceanógrafa mundial') e dous obradoiros ('A maxia da óptica' e 'Escritura medieval'). Tamén tiveron lugar dúas actividades de 'Noites Abertas'. O concerto de 'A gramola gominola' puxo o broche de ouro á cita coa lectura máis importante da cidade. O vindeiro ano, moitísimo máis!!!!!