Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

O XVI Salón do Libro abre as súas portas ao público

O espectáculo "Peter Pan" da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra celebrouse ás 18:00 horas para dar paso ás 19:00 a apertura de portas. O público agardaba impaciente descubrir os segregos do XVI Salón do Libro "Da ciencia á ficción".

No acto inaugural conducido por Bea Campos, a primeira intervención veu da man da concelleira de Cultura Anxos Riveiro, pero o protagonismo foi para dous dos centros escolares colaboradores: O IES A Xunqueira 1 e o seu "Home Invisible" e o CEIP San Martiño co seu traballo "A máquina do tempo" feita polos máis pequerrechos/as.

Pechou o acto o Alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e como cada ano ao remtar, non faltaron os contacontos de Pavís Pavós  tamén de Bea Campos e Davide González.

Fotografía: Pájaros en mi cabeza.