Obradoiro de ciencia na casa para pais e nais atrevidos
Constantino Álvarez Muiña e Elena López Prada
Traballo, ilusión, imaxinación, creatividade, compañerismo, tradición e innovación, participación, compromiso, cariño, coidado e mimo, profesionalidade, implicación, esforzo. Eses son os ingredientes cos que cociñamos esta edición tan especial, na que non pode faltar o máis importante: vós, que do 14 de marzo ao 5 de abril estades convidados a degustar un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis.