Os obradoiros para escolares, todo un éxito no Salón do Libro
Os obradoiros concertados cos centros escolares son cada ano o mellor xeito de aprender xogando no #SalondoLibro. Nesta XVI edición os nenos participaron en 'Extracción de ADN'; 'Animalario', 'Peletre', 'Ilusións ópticas' e 'A miña primeira investigación'. Tamén gozaron dos contacontos 'Cientificontos' e '3, 2, 1... conto!'. A UCC CSIC Galicia, Pavis pavos, Itziar Ezquieta, Anxo Fariña, Van Divulgación e Ceo Aberto estiveron detrás destas orixinais iniciativas.