Os Xogos da Fame toman o Recinto Feiral
Os recoñecidos mundialmente como 'Os Xogos da Fame' chegaron hoxe ao #SalondoLibro no marco da programación de Noites Abertas. Os adolescentes participaron nunha divertida competición con seis probas: Habilidade de puntería, Habilidade de enfrontamento corpo a corpo, Axilidade mental, Axilidade física, Coordinación de tributos e Comunicación entre tributos. O premio foi un 'Sinsajo', que levou o tributo do recén nombrado 'distrito de Pontevedra', segundo a xerga da famosa triloxía de novelas fantásticas.