Peter Pan e Inauguración
O espectáculo "Peter Pan" da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra celebrouse ás 18:00 horas para dar paso ás 19:00 a apertura de portas. O público agardaba impaciente descubrir os segregos do XVI Salón do Libro "Da ciencia á ficción".
No acto inaugural conducido por Bea Campos, a primeira intervención veu da man da concelleira de Cultura Anxos Riveiro, pero o protagonismo foi para dous dos centros escolares colaboradores: O IES A Xunqueira 1 e o seu "Home Invisible" e o CEIP San Martiño co seu traballo "A máquina do tempo" feita polos máis pequerrechos/as.
Pechou o acto o Alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e como cada ano ao remtar, non faltaron os contacontos de Pavís Pavós tamén de Bea Campos e Davide González.
Fotografía: Pájaros en mi cabeza.