Unha fin de semana para aprender xogando
Os obradoiros do #SalondoLibro están a ser todo un éxito. Hoxe os nenos deron pola mañá os seus primeiros pasos na investigación científica e coñeceron a historia do calamar xigante. Agora, pola tarde, están a construir robots, aproximarse ao mundo dos astronautas e fabricar aparellos de ilusión óptica, entre outras actividades. Que ben o están a pasar no Pazo da Cultura e o Recinto Feiral de Pontevedra!