Venres 20 - Tarde no Salón
Unha tarde máis no Salón do Libro na que os/as nenos/as gozaron dúnha morea de actividades. Entre elas o concerto "A miña estrela" da Orquestra da Cámara de Lira con Ballet da Escola de Danza Déborah, o contacontos "O planeta dos contos", a presentación do Libro "Porque Cuqui non quere ir á lavadora" e diferentes obradoiros.
E coma sempre, o mellor espazo de lectura para gozar en familia.