Xeometría da natureza. Un mundo de formas
Quince nenos mantiveron hoxe contacto directo coa natureza cun obradoiro de 'land art' na Illa do Covo e no marco da programación do #SalondoLibro, na que os rapaces deron forma á súa propia obra de arte con material que recolectaron entre a herba. Previamente, asistiron a unha proxección de fotografías no Pazo da Cultura, na que coñeceron, entre outras cousas, que ocorre cando un avión supera a barreira do son ou como é a forma do vo dun grupo de estorninos.