Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

luns 21 de marzo

18:00 h a 00:00 h

Merendando Contos. Contacontos nas librarías. Libraría Cronopios

Os contos da carricanta. Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro.

martes 22 de marzo

18:00 h a 00:00 h

Merendando Contos. Contacontos nas librarías. Libraría Seijas

O lobo Garabelos. O Carballo con botas.

mércores 23 de marzo

18:00 h a 00:00 h

Merendando Contos. Contacontos nas librarías. Libraría Aviones de Papel

O coelliño branco. Trinke Trinke.

luns 28 de marzo

18:00 h a 00:00 h

Merendando Contos. Contacontos nas librarías. Libraría D-Lectum

Bicho á vista! Raquel Queizás.

martes 29 de marzo

18:00 h a 00:00 h

Merendando Contos. Contacontos nas librarías. Libraría Paz

Bechiños e contiños. Andrea Bayer (Baobab Teatro).

mércores 30 de marzo

18:00 h a 00:00 h

Merendando Contos. Contacontos nas librarías. Libraría Nobel

Safari Contográfico. Pavís Pavós.

xoves 31 de marzo

18:00 h a 00:00 h

Merendando Contos. Contacontos nas librarías. Libraría Xoguetería Estrellas o Limones

Contos do Libro da aldea. Pol do Canizo.

venres 01 de abril

18:00 h a 18:40 h

As Peripecias de Extravaganzza Pérez. Conto musicado

Con María Lado, Lucía Aldao e Seminario Permanente de Jazz. Espectáculo feito especialmente para o Salón baseado no libro homónimo de Ledicia Costas.

Extravaganza Pérez é unha nena moi feliz que protagoniza unha viaxe chea de sorpresas á procura de seus pais e de exóticos animais. Escoitaremos un conto narrado por Lucía Aldao e María Lado cheo de cancións ás que pon música o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Auditorio do Pazo da Cultura. A partir de 4 anos. Entrada libre ata completar cabida.

19:00 h a 00:00 h

Inauguración oficial do XVII Salón do Libro Auditorio do Pazo da Cultura

Apertura de portas.

19:00 h a 20:30 h

Extravaganzza en Pontevedra

Obradoiro con Anxo Fariña. Xogo sobre un panel con rodas no que está debuxada a cidade de Pontevedra. A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida.

Nun panel con rodas está debuxada a cidade de Pontevedra con ocos en branco para que os participantes poidan encher o mural coas súas ilustracións. Nunha zona do panel haberá unha diana para utilizar con pelotas con velcro. Cada participante lanzará unha pelota que pode caer en diferentes motivos a debuxar: Peixes, árbores, persoas, obxectos…

19:30 h a 20:20 h

Safari Contográfico

Con Pavís Pavós. Contacontos. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

19:30 h a 20:20 h

Algo está pasando en Ilusión Ártica

Unidade de Cultura Ciéntifica CSIC Galicia. Contacontos. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

sábado 02 de abril

00:00 h a 00:00 h

Exposicións. NO ACCESO AO PAZO DA CULTURA

• A horta do Salón (Concellaría de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra).

00:00 h a 00:00 h

Exposicións. VESTÍBULO DO AUDITORIO (PAZO DA CULTURA)

• Escarlatina – Esmeraldina (Víctor Rivas.

00:00 h a 00:00 h

Exposicións. NO ESPAZO DO SALÓN (PAZO DA CULTURA)

• Traballos dos centros de ensino de Pontevedra e comarca. • Ambientación xeral do Pazo da Cultura (ETL Paspallás). • MI (Master Ilustra) colección de bichos raros. (Alumnado Mestrado en Libro Ilustrado e animación audiovisual. Universidade de Vigo). • Intervención artístico-educativa do CEIP Carballal. • As peripecias de Extravanzza Pérez. (Oscar Villán).

11:00 h a 14:00 h

Obradoiro: Libro Xigante

Con Víctor Rivas. Colaboradores: Inkelarre / Xerais. Escribiremos contos que serán ilustrados por ilustradores e posteriomente elaboraremos un libro xigante que se exporá no Salón. A partir de 5 anos. Entrada libre ata completar cabida.

11:00 h a 11:35 h

“Pequeña Max”

Con Arena en los bolsillos. Teatro de títeres, obxectos e poética clown para bebés e primeira infancia. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos.

VENDA ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

12:00 h a 12:50 h

Contacontos: Mira ben onde pisas!

Con Nate Borrajo. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

12:30 h a 13:05 h

“Pequeña Max”

Arena en los bolsillos. Teatro de títeres, obxectos e poética clown para bebés e primeira infancia. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés+1 adulto acompañante). Prezo 3 euros.

VENDA ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

12:30 h a 13:30 h

Obradoiro: Onde viven os animais? Construíndo un xoguete óptico

Con Van Divulgación Cultural. Traballo coa imaxe e co movemento.

Primeiro xogaremos a descubrir diferentes animais e despois situarémolos no seu hábitat usando o taumatropo, un xoguete óptico considerado precursor da cinematografía creado por vós mesmos.

Familias con nenos/as de 5 a 10 anos. Prazas limitadas (10 familias de xeito simultáneo. Cando unha familia remate pode entrar outra en agarda. (30 participantes contando nenos/as e adultos/as como máximo).

Inscrición previa.

13:00 h a 13:50 h

Contacontos: Bicho á vista!

Con Raquel Queizás. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

17:00 h a 20:00 h

Obradoiro: Libro Xigante

Con Víctor Rivas. Colaboradores: Inkelarre / Xerais. Escribiremos contos que serán ilustrados por ilustradores e posteriomente elaboraremos un libro xigante que se exporá no Salón. A partir de 5 anos. Entrada libre ata completar cabida.

17:30 h a 18:05 h

“Pequeña Max”

Con Arena en los bolsillos. Teatro de títeres, obxectos e poética clown para bebés e primeira infancia. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos.

VENDA ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

17:30 h a 18:30 h

Contacontos e obradoiro: A canción do sol

Con Estefanía Padullés. Hércules Editora. Actividade que mestura a narración oral e a ilustración coa autora do libro “A canción do sol”. A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida.

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: Bicho á vista!

Con Raquel Queizás. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:30 h a 00:00 h

Espectáculo musical. A bichería canta!

Migallas Teatro interpreta os temas musicais dos seus traballos “¡Canta connosco!” e “Pan de millo” onde os protagonistas son os animais neste espectáculo, deseñado especialmente para o Salón.

Combínanse cancións tradicionais como “Unha vella tiña un can” ou “O piollo e a pulga” con outras de creación como “Dime que fixeches!” ou “O espantallo divertido”.

Auditorio Pazo da Cultura. Público familiar. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

18:30 h a 00:00 h

Teatriño Adaptación da obra “As peripecias de Extravaganzza Pérez”

Alumnado do IES Mestre Landín.

20:30 h a 22:30 h

ACTIVIDADES DE NOITES ABERTAS NO SALÓN. Na procura do Sinsajo

Katniss Everdeen está a piques de asaltar e derrotar o Capitolio, pero o Presidente Snow gárdase un as na manga. O símbolo da rebelión foi secuestrado e a nosa protagonista precisa de heroes e heroínas capaces de recupera o Sinsajo. Seredes quen de superar as probas e entrar no Capitolio?

20:30 h a 22:30 h

ACTIVIDADES DE NOITES ABERTAS NO SALÓN. Fai o teu fanzine

Neste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.

domingo 03 de abril

11:30 h a 00:00 h

Obradoiro: O conto dos animais perdidos

Con Kiko da Silva e Fonso Barreiro (O Garaxe Hermético). O contador de historias, Kiko da Silva, perdeu todos os animais do seu conto... Vén ao Salón do Libro axudalo a crear as personaxes ilustradas para que vos poida contar o conto. A partir de 4 anos. Prazas limitadas (30). Inscrición previa.

11:30 h a 13:30 h

Extravaganzza Pérez na Illa do Covo

Roteiro con Van Divulgación Cultural.

Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados diferentes lugares (Nocturnia, Terra Pelada, Mundo Azul, Dunas de Espiños,…). Xuntos deberán atopar as pezas coas que crear a escultura dun animal en perigo de extinción. Reflexionaremos sobre porque estes animais poderían extinguirse.

Familias con nenos/as de 5 a 12 anos. Prazas limitadas (30, contando nenos/as e acompañantes).

Inscrición previa.

12:00 h a 12:50 h

Contacontos: Os contos da carricanta

Con Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

12:30 h a 13:10 h

Obradoiro: Doces bichos

Con Ceo Aberto. Construiremos un solo (con galletas e gominolas) recreando a súa estrutura e capas e aprenderemos como vive no seu interior a bichería. Os/as participantes poderán levar o resultado ao rematar. A partir de 5 anos. Prazas limitadas (24).

13:00 h a 13:50 h

Contacontos: Bicho á vista!

Con Raquel Queizás. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

17:30 h a 00:00 h

Obradoiro: O conto dos animais perdidos

Con Kiko da Silva e Fonso Barreiro (O Garaxe Hermético). O contador de historias, Kiko da Silva, perdeu todos os animais do seu conto... Vén ao Salón do Libro axudalo a crear as personaxes ilustradas para que vos poida contar o conto. A partir de 4 anos. Prazas limitadas (30). Inscrición previa.

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: Os contos da carricanta

Con Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:30 h a 19:20 h

Obradoiro: Kirigami Extravaganzza

Con Ceo Aberto.Recrecrearemos algunha das escenas do conto “As peripecias de Extravaganzza Pérez”.

Utilizaranse técnicas manuais e desenvolvendo un decorado con profundidade, ao modo dos Kirigami que atopamos en postais ou contos.

 

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24).

19:00 h a 19:50 h

Contacontos: Bicho á vista!

Con Raquel Queizás. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

luns 04 de abril

17:30 h a 18:20 h

Obradoiro: Quen vive aí? Visitando unha pinga de auga

Con Ceo Aberto. Coñeceremos a bichería que se oculta nos mundos non visibles a primeira ollada empregando microscopios USB conectados a un computador, no que se poderán observar pingas de auga con diferentes tipos de organismos. A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24).

18:00 h a 18:50 h

Contacontos. Algo está pasando en Ilusión Ártica

Unidade de Cultura Ciéntifica CSIC Galicia. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida

martes 05 de abril

17:30 h a 18:20 h

Obradoiro: Érase unha vez un bicho

Con Ceo Aberto. Recrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando os propios personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch.

Os/as participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24).

18:00 h a 18:30 h

Contacontos: A viaxe das bolboretas (OQO Editora) e Eu non fun (Kalandraka)

Alumnado de 6º Primaria CEIP Montemogos.

18:30 h a 19:20 h

Teatro. O último dragón

Sarabela Teatro.

O dragón desta peza non é un dragón común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan ao fondo da cova onde vive para acabar con el e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a se mover: “Para que vou eu querer unha princesa? Nin sequera se me ocorrería comer unha cousa tan horrible”- di con xigantesco asombro.

Auditorio Pazo da Cultura. A partir de 5 anos. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

mércores 06 de abril

17:30 h a 18:30 h

Obradoiro: Onde viven os animais? Construíndo un xoguete óptico

Con Van Divulgación Cultural. Traballaremos coa imaxe e co movemento.

Primeiro xogaremos a descubrir diferentes animais e despois situarémolos no seu hábitat usando un taumatropo, un xoguete óptico considerado precursor da cinematografía, creado por vós.

Familias con nenos/as de 5 a 10 anos. Prazas limitadas (10 familias de xeito simultáneo. Cando unha familia remate pode entrar outra en agarda. (30 participantes contando nenos/as e adultos/as como máximo).

Inscrición previa.

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: O coelliño branco

Con Trinke Trinke. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

xoves 07 de abril

00:00 h a 00:00 h

Exposicións. NA GALERÍA SARGADELOS

• Da ciencia á ficción. Búscate no Salón (Alba Sotelo). • Cocorico en movemento (OQO Editora e OQO filmes).

17:30 h a 18:30 h

Obradoiro: Animais de relevo

Con Van Divulgación Cultural. Fabricararemos unha réplica exacta do teu animal preferido usando a técnica do valeirado, un procedemento escultórico que se emprega para obter copias ou reproducións dunha escultura. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (25). Inscrición previa.

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: Contos de bruídos e miañares

Con Xarope Tulú. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

venres 08 de abril

17:30 h a 19:00 h

Obradoiro: Fagamos un conto ilustrado

Con Yupiyeyo (María Álvarez)

Elaboraremos as ilustracións dun libro partindo dun conto baseado no cartaz do Salón, por grupos ou individualmente. Dividiremos as escenas entre os participantes e, partindo dos debuxos das personaxes do cartaz, representaremos as accións e escenarios que teñen lugar en cada momento da historia.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa.

18:00 h a 00:00 h

Charla Inspiradora: “Outros animais sorprendentes de 20.000 leguas baixo dos mares”

Con Lara García Alves (Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña, Instituto de Investigacións Mariñas, CSIC)

É inevitable acordarse da lura xigante atacando o Nautilus, cando pensamos neste clásico de Jules Verne. Sen embargo, esta obra de aventuras agocha entre as súas páxinas centos de especies animais descoñecidas, tan sorprendentes ou mais que a famosa lura. Os/as intrépidos/as asistentes á charla, enmarcada no certame de relatos INSPIRACIENCIA, descubrirán a gran diversidade de animais microscópicos que se atopan no mar co apoio de imaxes e vídeos, pero tamén coa observación nos lentes binoculares, dalgúns destes singulares organismos.

A partir de 7 anos.

18:30 h a 19:20 h

Musical. “A fada Diana”

The fairy storyteller

Espectáculo interactivo trilingüe con cancións orixinais de estilos como Pop, Rock, Reggae, ou Folk. Nun percorrido a través do seu máxico bosque, a Fada Diana inculca o respecto ao medio ambiente ensinando o importante que é a reciclaxe e valores intemporais como o compañeirismo, o coidado da saúde ou a intelixencia emocional.

Auditorio Pazo da Cultura. A partir de 3 anos. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

19:00 h a 00:00 h

Presentación do libro-disco “Os soños na gaiola. Vintecinco cantigas para nenos”

Editado por Senén Vaamonde coa presenza de Mini e Mero e Senén Vaamonde. Público familiar.

20:30 h a 22:30 h

ACTIVIDADES DE NOITES ABERTAS NO SALÓN. Fai o teu fanzine

Neste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.

20:30 h a 22:30 h

ACTIVIDADES DE NOITES ABERTAS NO SALÓN. Moda e mitos: moda vampírica

Algunha vez pensaches en ser como Lestat de Lioncourt ou Van Helsing? Gustaríache converterte en vampiro ou vampiresa por un día? Durante esta actividade analizaremos a estética e moda das películas vampíricas ao longo da historia e crearedes de forma sinxela os vosos propios looks a partir destes mitos inmortais.

sábado 09 de abril

00:00 h a 00:00 h

O burro Caramulo, o xinete das árbores

Carballo con botas. Público familiar.

11:00 h a 00:00 h

Obradoiro: Tíralle da lingua. O conto da píntega e o teixo

Con Tegra A. Gómez Pino. Elaboraremos unha píntega cunha lingua moi longa, onde os rapaces e rapazas escribirán soños, contos e segredos... Esta é unha píntega que vive en San André de Teixido, ten a casa preto dun teixo con centos de anos, e que como é sabido non fai máis que soltar ao vento, polas súas follas, segredos das persoas mortas. Público familiar. A partir de 3 anos.

11:00 h a 11:50 h

Teatro. Chíos

Con Teatro da Semente.Poesía sensorial para bebés. Espectáculo con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil.

Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado. (40 bebés + 1 adulto acompañante). Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

12:00 h a 13:30 h

Cine: Minúsculos. O val das formigas perdidas(2013). Duración: 89 min

Proxección a cargo do Cineclube Pontevedra. No claro dun pacífico bosque os restos abandonados dun pícnic sementan a discordia entre dúas tribos de formigas. Só coa axuda dunha valente xoaniña, o bando máis débil conseguirá o prezado botín. No Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida.

12:00 h a 12:50 h

Contacontos: Mira ben onde pisas!

Con Nate Borrajo. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

12:30 h a 13:20 h

Obradoiro: Quen vive aí? Visitando unha pinga de auga

Con Ceo Aberto. Coñeceremos a bichería que se oculta nos mundos non visibles a primeira ollada empregando microscopios USB conectados a un computador, no que se poderán observar pingas de auga con diferentes tipos de organismos. A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24).

12:30 h a 13:20 h

Teatro. Chíos

Con Teatro da Semente.Poesía sensorial para bebés. Espectáculo con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. Descubriremos o mundo a través dos sentidos, exaltando a importancia do contacto coa natureza.

Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado. (40 bebés + 1 adulto acompañante). Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

17:00 h a 00:00 h

Obradoiro: Tíralle da lingua. O conto da píntega e o teixo

Con Tegra A. Gómez Pino. Elaboraremos unha píntega cunha lingua moi longa, onde os rapaces e rapazas escribirán soños, contos e segredos... Esta é unha píntega que vive en San André de Teixido, ten a casa preto dun teixo con centos de anos, e que como é sabido non fai máis que soltar ao vento, polas súas follas, segredos das persoas mortas. Público familiar. A partir de 3 anos.

17:30 h a 18:20 h

Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”

Con Manuel Pombal e Suso Pando. Elaboraremos unha película, dende a creación do guión até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20).

17:30 h a 18:20 h

Teatro. Chíos

Con Teatro da Semente. Poesía sensorial para bebés. Espectáculo con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil.

Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado. (40 bebés + 1 adulto acompañante). Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: Bichos nos Cestos

Con Migallas Teatro. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:00 h a 19:35 h

Cine. A canción do mar (2014) Duración: 93 min

Proxección a cargo do Cineclube Pontevedra. Ben e Saoirse, que vivían co seu pai nun faro, son enviados á cidade canda a súa avoa. Alí, Ben descubrirá que Saoirse é unha selkie, unha fada do mar que co seu cantar pode liberar os seres máxicos das gadoupas da meiga Macha. Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida.

18:30 h a 00:00 h

Música. Brinca Vai! 2.0

Con Paco Nogueiras.

Espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!” de Kalandraka Editora. Nesta ocasión o músico e actor Paco Nogueiras e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo combinan a súa tecnoloxía, aparatos e instrumentos nunha divertidísima viaxe chea de humor, cores, imaxes, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido...) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe.

Auditorio do Pazo da Cultura. Público familiar. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

18:30 h a 19:20 h

Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”

Con Manuel Pombal e Suso Pando. Elaboraremos unha película, dende a creación do guión até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20).

domingo 10 de abril

11:00 h a 00:00 h

Obradoiro: Tíralle da lingua. O conto da píntega e o teixo

Con Tegra A. Gómez Pino. Elaboraremos unha píntega cunha lingua moi longa, onde os rapaces e rapazas escribirán soños, contos e segredos... Esta é unha píntega que vive en San André de Teixido, ten a casa preto dun teixo con centos de anos, e que como é sabido non fai máis que soltar ao vento, polas súas follas, segredos das persoas mortas. Público familiar. A partir de 3 anos.

11:30 h a 14:00 h

Roteiro. Saída polo Lérez

Con Manuel Domínguez e María Sánchez (Ventos). Percorrido de 2,5 horas guiado pola zona da Xunqueira, Illa do Covo e marxes do Lérez, realizando observación de aves e de outros tipos de fauna. A partir de 8 anos (ou dende 4 acompañados). Prazas limitadas (40). Inscrición previa.

11:30 h a 12:20 h

Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”

Con Manuel Pombal e Suso Pando. Elaboraremos unha película, dende a creación do guion até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20).

12:00 h a 12:50 h

Contacontos: Bichos nos Cestos

Con Migallas Teatro. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

12:00 h a 13:30 h

Cine. A ovella Shaun. O filme (2015). Duración: 85 min

Proxección a cargo do Cineclube Pontevedra. A vida da ovella Shaun na granxa de Mossy Bottom é do máis monótona. Por iso idea un plan que lle permita sortear a vixilancia do granxeiro e do can Bitzer e gozar dun día de lecer. No Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida.

12:30 h a 13:20 h

Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”

Con Manuel Pombal e Suso Pando. Elaboraremos unha película, dende a creación do guion até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20).

13:00 h a 13:50 h

Contacontos. O caracol namorado

Con Trinke Trinke. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

17:00 h a 00:00 h

Obradoiro: Tíralle da lingua. O conto da píntega e o teixo

Con Tegra A. Gómez Pino. Elaboraremos unha píntega cunha lingua moi longa, onde os rapaces e rapazas escribirán soños, contos e segredos... Esta é unha píntega que vive en San André de Teixido, ten a casa preto dun teixo con centos de anos, e que como é sabido non fai máis que soltar ao vento, polas súas follas, segredos das persoas mortas. Público familiar. A partir de 3 anos.

17:30 h a 18:20 h

Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”

Con Manuel Pombal e Suso Pando. Elaboraremos unha película, dende a creación do guion até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20).

18:00 h a 19:35 h

Cine. Arrietty e o mundo dos diminutos (2010). Duración: 94 min

Proxección a cargo do Cineclube Pontevedra. Oculta baixo o chan dunha mansión campestre vive unha familia de seres diminutos. A súa tranquila existencia muda cando Arrietty é vista accidentalmente por un dos habitantes da casa. No Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida.

18:00 h a 18:50 h

Contacontos. O coelliño branco

Con Trinke Trinke. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:30 h a 19:20 h

Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”

Con Manuel Pombal e Suso Pando. Elaboraremos unha película, dende a creación do guion até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20).

18:30 h a 19:30 h

Teatro: Kibubu

Con Marie de Jongh

Xebas e Cocó forman unha parella artística de pallasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretende dar a badalada: Un gorila de verdade, de carne e óso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañarán o aplauso do público.

Auditorio Pazo da Cultura. A partir de 6 anos. Prezo 3 euros.

Venda de entradas: no Vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1h antes de cada función.

 

18:30 h a 19:30 h

Obradoiro: Imaxina animais imaxinarios

Con Lobito Bueno Editorial. Imaxinaremos, evocaremos, soñaremos despertos, crearemos a auténticos animais imaxinarios: Como ten as pernas, as unllas, o cabelo? Cal é a súa comida favorita, xogo, postura? Como se chama, quen son seus pais, onde vive? A partir de 4 anos. Prazas limitadas (30) Inscrición previa.

luns 11 de abril

17:30 h a 18:10 h

Obradoiro: Doces bichos

Con Ceo Aberto. Construiremos un solo (con galletas e gominolas) recreando a súa estrutura e capas e aprenderemos como vive no seu interior a bichería. Os nenos/as poderán levar o resultado o rematar. A partir de 5 anos. Prazas limitadas (24).

18:00 h a 18:50 h

Contacontos. Algo está pasando en Ilusión Ártica

Coa Unidade de Cultura Ciéntifica CSIC Galicia. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

martes 12 de abril

17:30 h a 19:00 h

Obradoiro: Insectos que voan en origami!

Con nova xestión cultural-Mimadriña. Crearemos insectos e animais que voan con papel, ao tempo que escoitaremos historias fantásticas. A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa.

18:30 h a 19:20 h

Teatro. “Los tres osos”

Con L´Estaquirot Teatre.

Unha recreación do conto Riciños de Ouro protagonizada por unha familia de osos que colleitan froitas no bosque para facer marmelada. Chega a hora para comer e mamá osa e o pequeno preparan unha boa sopa. Mentres agardan que arrefríe, saen de paseo. Nese momento chega Riciños de Ouro, unha nena un pouco traste que acaba alterando a harmonía familiar. Monicreques manipulados sobre taula.

Auditorio do Pazo da Cultura. A partir de 4 anos. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

mércores 13 de abril

17:00 h a 00:00 h

Obradoiro: “Lectura con Cans”

Con PsiCoCan, Psicoterapia y Educación. Dedicado aos nenos e nenas con dificultades para ler. Traballaremos con cans para mellorar as súas habilidades lectoras.. 8 e 9 anos. Prazas limitadas (6). Inscrición previa.

17:30 h a 18:20 h

Obradoiro: Kirigami Extravaganzza

Con Ceo Aberto. Recrecrearemos algunha das escenas do conto “As peripecias de Extravaganzza Pérez” utilizando técnicas manuais e desenvolvendo un decorado con profundidade, ao modo dos Kirigami que atopamos en postais ou contos. A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24).

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: O caracol namorado

Con Trinke Trinke. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:30 h a 00:00 h

Obradoiro: "Lectura con Cans"

Con PsiCoCan, Psicoterapia y Educación. Dedicado aos nenos e nenas con dificultades para ler. Traballaremos con cans para mellorar as súas habilidades lectoras.. 8 e 9 anos. Prazas limitadas (6). Inscrición previa.

xoves 14 de abril

17:30 h a 18:20 h

Obradoiro: Érase unha vez un bicho

Con Ceo Aberto.

Recrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando as propias personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch. Os/as participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores/as dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24).

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: Contos de bruídos e miañares

Xarope Tulú. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:30 h a 00:00 h

Conto musicado. A sinfonía das Fábulas

Banda de Música de Pontevedra. Coa colaboración de Raquel Queizás (contacontos) e as ilustracións dos alumnado do Máster en Libro Ilustrado da Facultade de Belas Artes.

Esta sinfonía non pretende ser una BSO de debuxos animados, senón un traballo emocionalmente consistente e programático -con varias opcións para os artistas tanto a nivel musical como verbal- tendo como punto de inspiración a produción de Walt Disney: “Fantasía”.

Teatro Principal. Público familiar. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función, agás os espéctaculos nos que haxa venda anticipada, en ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

venres 15 de abril

17:30 h a 18:30 h

Obradoiro: Animais na arte

Actividade en familia na que descubriremos moitos dos animais que se agochan nas grandes obras da historia da arte. De 4 a 8 anos + adulto/a. Prazas limitadas (20 parellas neno/a+adulto).

18:00 h a 18:50 h

Charla: Bichos de cine

Con Ceo Aberto.

O coloquio combinará a ciencia e o cinema coa literatura. Analizaremos as personaxes animais que aparecen en diferentes fragmentos de películas fixándonos no seu comportamento e a viabilidade da súa existencia. Mediante xogos e interacción co público, descubriremos que os monstros de Pixar non poden ser reais ou que ET, de existir, trabaría como un depredador.

A partir de 7 anos.

18:30 h a 19:20 h

Teatro. El niño erizo

Con La machina teatro.

Juan é o fillo duns granxeiros, metade ourizo, metade neno. A súa nai adórao, pero o pai sente que son o faimerir da aldea pois, ademais de raro, o seu fillo compórtase como un animal e é incapaz de aprender bos modais. Un día, Juan, decide partir de casa montado no seu galo e desaparecer entre as árbores do bosque…

Auditorio do Pazo da Cultura. A partir de 6 anos. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

sábado 16 de abril

00:00 h a 00:00 h

O burro Caramulo, o xinete das árbores

Carballo con botas. Público familiar.

00:00 h a 00:00 h

Obradoiro de mediación lectora “Vamos cazar un oso ou como contar dramatizando”

Formadora: Alexia Dotras Bravo. De 10 a 14 e de 16 a 18 h. (Total 6 h. de formación. Bamad emitirá certificado de asistencia).

Obradoiro de formación para bibliotecarios/as. Prazas limitadas (25).

Matrícula en www.bamad.gal

e-mail: bamadgalicia@gmail.com

 

Organiza: Bamad Galicia: “Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia”.

11:00 h a 12:00 h

Debuxa ao animal coas súas propias pegadas

Con Ana Seoane e Marta Moldes. Actividade para bebés a partir de 1 ano no que debuxarán a silueta dun animal nunha tea a través dunha plantilla. Sala de Obradoiros. Prazas limitadas (10 bebés +acompañantes). Dúas quendas de 30 minutos por sesión.

11:00 h a 00:00 h

Teatro. Feo!

Con Caramuxo Teatro.

Inspirado en “O parrulo feo” de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, amarelos, ¡amarelos dende 1941! Mais un día sae un parrulo diferente... Feo! É un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

A partir de 3 anos. Salón de Actos. Prezo: 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

11:30 h a 12:20 h

Obradoiro: Érase unha vez un bicho

Con Ceo Aberto. Recrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando os propios personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch.

Os participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.

A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24).

12:00 h a 00:00 h

Contacontos-Obradoiro. O poeta do Miño. Unha homenaxe a Manuel María

Polo Correo do Vento Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

12:30 h a 14:00 h

Insectos que voan en origami!

Con Nova xestión cultural-Mimadriña. Crearemos insectos e animais que voan con papel, ao tempo que escoitaremos historias fantásticas. A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa.

12:30 h a 00:00 h

Teatro: Feo!

Con Caramuxo Teatro.

Inspirado en “O parrulo feo” de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, amarelos, ¡amarelos dende 1941! Mais un día sae un parrulo diferente... Feo! É un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

A partir de 3 anos. Salón de Actos. Prezo: 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

12:30 h a 13:30 h

Debuxa ao animal coas túas propias pegadas

Con Ana Seoane e Marta Moldes. Actividade para bebés a partir de 1 ano no que debuxarán a silueta dun animal nunha tea a través dunha plantilla. Sala de Obradoiros. Prazas limitadas (10 bebés +acompañantes). Dúas quendas de 30 minutos por sesión.

17:00 h a 00:00 h

Obradoiro. A clínica veterinaria do Salón

Con Paspallás, Asociación Socioeducativa e Cultural e Escola de Tempo Libre. Xogaremos a ser veterinarios/as. Unha parte dos/as participantes serán os donos/as dos animais con patoloxías diferentes e o resto serán os veterinarios/as da clínica do Salón. A partir de 4 anos.

17:30 h a 19:00 h

Obradoiro. Gravados animais

Con Nova Xestión Cultural-David Orihuela (divulgador artístico e pintor). Empregraremos a técnica do gravado (en versión simplificada!) para realizar as nosas propias creacións artísticas máis bestias. A partir de 5 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa.

17:30 h a 00:00 h

Concerto. Sons miúdos

Urdime e Cadena Ser. O Salón presenta o espectáculo máis grande de música infantil galega, que reúne enriba do escenario aos/ás máis importantes artistas nun concerto que percorrerá a historia da música galega infantil dos últimos 15 anos.

O repertorio comporase de cancións escollidas na discografía dos e das colaboradores/as e será interpretada en directo por eles/as: Magín Blanco (A nena e o grilo), Ana Senlle (María Fumaça), Pablo Díaz (Tic-tac); Gloria Mosquera (Mama Cabra), Paco Nogueiras (Brinca Vai) e Xoán Curiel (Estamos no verán).

Auditorio Pazo da Cultura.

Venda de entradas: ataquilla.com. As sobrantes na billeteira do Pazo da Cultura dende unha hora antes do comezo da función.

Prezo 7 euros (anticipada máis gastos de tramitación) e 9 euros na billeteira.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función, agás os espéctaculos nos que haxa venda anticipada, en ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

17:30 h a 18:30 h

Debuxa ao animal coas túas propias pegadas

Con Ana Seoane e Marta Moldes. Actividade para bebés a partir de 1 ano no que debuxarán a silueta dun animal nunha tea a través dunha plantilla. Sala de Obradoiros. Prazas limitadas (10 bebés +acompañantes). Dúas quendas de 30 minutos por sesión.

17:30 h a 00:00 h

Teatro: Feo!

Con Caramuxo Teatro.

Inspirado en “O parrulo feo” de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, amarelos, ¡amarelos dende 1941! Mais un día sae un parrulo diferente... Feo! É un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

A partir de 3 anos. Salón de Actos. Prezo: 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

18:00 h a 00:00 h

Contacontos: Bicho á vista!

Con Raquel Queizás. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:00 h a 00:00 h

Contacontos-obradoiro: O poeta do Miño. Unha homenaxe a Manuel María

Polo Correo do Vento Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

domingo 17 de abril

11:30 h a 13:30 h

Obradoiro: Casiñas de paxaros

Taller Abierto. Obradoiro familiar que busca amosar e coidar a fauna da Illa do Covo a maiores e menores. Cada parella construirá a casiña dun paxaro para saír á Illa e descubrir onde refuxialo deixándoa nese lugar. De 6 a 12 anos + acompañantes. Prazas limitadas (20 parellas adulto/a+neno/a). Inscrición previa.

11:30 h a 13:00 h

Obradoiro: Naturezas efímeras

Con Nova Xestión Cultural-David Orihuela. Crearemos seres, animais, insectos con materiais sacados da natureza, como é a arxila ou o barro. Un obradoiro para imaxinar novas especies. A partir de 5 anos Prazas limitadas (20). Inscrición previa.

12:00 h a 00:00 h

Contacontos-Obradoiro. Rebeca Atienza no hospital da bichería

Polo Correo do Vento. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

12:00 h a 00:00 h

Contacontos: Bicho á vista!

Con Raquel Queizás. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

12:30 h a 14:00 h

Obradoiro: Vilapavo na Cidade dos Bichos

Con Nova Xestión Cultural-Mi madriña. Crearemos espazos e construcións imaxinarias con materiais de refugallo, facendo referencia a elementos como arquitectura sostible, construción bioclimática, a construción de aldea (onde humanos e animais compartían espazos). A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa.

17:30 h a 19:00 h

Obradoiro: Camiño da Illa das Esculturas

Con Anxo Fariña. Os catro flamencos de Extravaganzza xa están cansos de tanto voar e o último tramo que lles queda cara a Illas das Esculturas téñeno que facer camiñando. Cada un deixa as súas pegadas nunha cor diferente creando catro camiños que se misturan e cruzan. Un xogo a medio camiño entre a Oca e o “Enredos”, que obrigará aos participantes a adoptar divertidas posturas. A partir de 4 anos.

18:00 h a 00:00 h

Contacontos-Obradoiro. Rebeca Atienza no hospital da bichería

Polo Correo do Vento. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:30 h a 19:20 h

Teatro. Roedores

Redrum Teatro. Espectáculo familiar no que se fomenta a igualdade.

A través das aventuras de Peludiño e Munda, un hámster e unha rata, que deixarán atrás os seus prexuizos e traballarán en equipo para vencer ao temido Gato.

Teatro de actor. Auditorio Pazo da Cultura. A partir de 5 anos. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función, agás os espéctaculos nos que haxa venda anticipada, en ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500

18:30 h a 19:30 h

Obradoiro: Animais de relevo

Con Van Divulgación Cultural. Fabricararemos unha réplica exacta do seu animal preferido usando a técnica do valeirado, un procedemento escultórico que se usa para obter copias ou reproducións dunha escultura. Usando esta técnica, crearemos un negativo dunha figura de animal e logo positivarano para obter a réplica. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (25). Inscrición previa.

18:30 h a 00:00 h

Contacontos: O soño de Esther

Con Miguel Ángel Alonso Diz – Nova Galicia Edicións. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

luns 18 de abril

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: Os contos da carricanta

Con Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:00 h a 00:00 h

Música. “Os sons da xungla”

Concerto do Coro Infantil do CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra. Dirixido por Nanette Sánchez, o coro interpretará temas arredor da música e os animais. Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida.

martes 19 de abril

17:30 h a 19:00 h

Obradoiro. Vilapavo na Cidade dos Bichos

Con Nova Xestión Cultural-Paula Tubío. Crearemos espazos e construcións imaxinarias con materiais de refugallo facendo referencia a elementos como arquitectura sostible, construción bioclimática, a construción de aldea (onde humanos e animais compartían espazos). A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa.

mércores 20 de abril

17:30 h a 19:00 h

Obradoiro: Fagamos un conto ilustrado

Con Yupiyeyo (María Álvarez). Elaboraremos as ilustracións dun libro partindo dun conto baseado no cartaz do Salón, por grupos ou individualmente. Dividiremos as escenas entre os/as participantes e, partindo dos debuxos das personaxes do cartaz, representaremos as accións e escenarios que teñen lugar en cada momento da historia. A partir de 8 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa.

18:00 h a 18:50 h

Contacontos: Bicho á vista!

Con Raquel Queizás. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

xoves 21 de abril

17:30 h a 18:30 h

Animais na arte

Taller Abierto. Obradoiro familiar no que descubriremos moitos dos animais que se agochan nas grandes obras da historia da arte. De 4 a 8 anos + acompañante. Prazas limitadas. (20 parellas neno/a + adulto/a).

18:00 h a 00:00 h

Contacontos: Os contos da carricanta

Con Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

venres 22 de abril

17:30 h a 18:30 h

Animais monstruosos

Taller abierto. Crearemos os animais máis tolos e monstruosamente divertidos. A partir de 4 anos.

18:00 h a 19:00 h

Charla: Cando os animais falan

Con Nova Xestión Cultural-Asociación Os Palleiros. Sesión dinamizada por unha veterinaria onde se aprenderá a coñecer o que sinten os animais sen necesidade de palabras e como aplicar uns primeiros auxilios no caso de que precisen axuda. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

21:00 h a 22:15 h

Teatro. Raclette

Con Ibuprofeno Teatro.

Baseado no libro do mesmo título escrito por Santiago Cortegoso galardoado co premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014, Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.

Auditorio Pazo da Cultura. Prezo 5 euros.

Venda de entradas: ataquilla.com. As sobrantes na billeteira do Pazo da Cultura dende unha hora antes da función.

sábado 23 de abril

11:00 h a 00:00 h

Teatro. 4 Tempos

Teatro do Miolo.

Un espectáculo musical e máxico, onde multitude de personaxes acompañan a nosa protagonista nunha viaxe polas catro estacións, a neve, as frores, as follas, o sol, a choiva, ou o mundo submarino. Empregaremos música, monicreques manuais, robotizados e xogos de luces co obxectivo de estimular os sentidos dos máis pequenos.

Sala de Obradoiros. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés + 1 acompañante). Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

11:30 h a 13:00 h

Obradoiro: Contacontos debuxado

Con Yupiyeyo (María Álvarez). Partindo dunha historia dividida en cinco escenarios e coa axuda dos/as nenos/as, debuxaremos os animais que protagonizan o conto. A partir de 4 anos.

11:30 h a 00:00 h

Obradoiro: A cociña de Escarlatina

Con Begoña Costas e Cristina Salgado. Taller infantil de decoración de galletas con fondant. A partir de 5 anos. Prazas limitadas (25). Inscrición previa.

12:00 h a 00:00 h

Contacontos: Bechiños e contiños

Con Andrea Bayer. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

12:30 h a 00:00 h

Teatro. 4 Tempos

Teatro do Miolo.

Un espectáculo musical e máxico, onde multitude de personaxes acompañan a nosa protagonista nunha viaxe polas catro estacións, a neve, as frores, as follas, o sol, a choiva, ou o mundo submarino. Empregaremos música, monicreques manuais, robotizados e xogos de luces co obxectivo de estimular os sentidos dos máis pequenos.

Sala de Obradoiros. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés + 1 acompañante). Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función, agás os espéctaculos nos que haxa venda anticipada, en ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

17:30 h a 19:00 h

Obradoiro: Contacontos debuxado

Con Yupiyeyo (María Álvarez). Partindo dunha historia dividida en cinco escenarios e coa axuda dos/as nenos/as, debuxaremos os animais que protagonizan o conto. A partir de 4 anos.

17:30 h a 00:00 h

Obradoiro: A cociña de Escarlatina

Con Begoña Costas e Cristina Salgado. Taller infantil de decoración de galletas con fondant. A partir de 5 anos. Prazas limitadas (25). Inscrición previa.

17:30 h a 00:00 h

Teatro. 4 Tempos

Un espectáculo musical e máxico, onde multitude de personaxes acompañan a nosa protagonista nunha viaxe polas catro estacións, a neve, as frores, as follas, o sol, a choiva, ou o mundo submarino. Empregaremos música, monicreques manuais, robotizados e xogos de luces co obxectivo de estimular os sentidos dos máis pequenos.

Sala de Obradoiros. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés + 1 acompañante). Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.

18:00 h a 00:00 h

Contacontos: O coelliño branco

Con Trinke Trinke. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

18:30 h a 00:00 h

Música. “O esquío rampante” (Edicións do Cumio, 2015)

Tres xeitos de celebrar o día mundial do Libro: narrando, musicando e ilustrando.

Estrea da actividade na que o colectivo Polo Correo do Vento, acompañado por un quinteto de corda, realizará unha longa travesía por medio da voz, a música e a pintura, baseándose no libro "O esquío rampante" de Enrique Mauricio e Carlos Taboada.

Auditorio Pazo da Cultura. Público familiar. Prezo 3 euros.

VENDA DE ENTRADAS: No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función.