Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

XVIII Salón do Libro: "O mundo que queremos"

10 de marzo - 02 de abril

O lema, lonxe de ser unha utopía, pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor. Queremos englobar temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto , a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.

Tendemos a idealizar as accións para conseguir o mundo que queremos sen plantexarnos que ese cambio empeza en nós, individual e colectivamente, na nosa actitude, no xeito de tratar aos demais e ao noso entorno, de investir esforzos en buscar solucións aos problemas ou á realidade, aportando o mellor de nós mesmos e dos nosos coñecementos, na medida que formamos parte da sociedade na que vivimos.

Todas esas accións que podemos levar a cabo a diario, son as que busca "O mundo que queremos".