Aceptar
Pechar

Información sobre cookies

Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros para recopilar información que axuda a optimizar a súa visita. As cookies non se empregan para recoller información de carácter persoal. Vostede pode permitir o seu uso ou rexeitalo, tamén pode cambiar a súa configuración sempre que o desexe. Dispón de máis información na nosa Política de Cookies.

XIX Salón do Libro: "Mulleres de conto"

01 de xaneiro - 29 de abril

O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela pretendemos render merecida homenaxe a ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX.
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra naceu en 1999 e chegou para quedarse como un dos principais eventos da nosa cidade. Case dúas décadas cheas dunha ilusión que se mantivo sempre viva na nosa cidade. O Salón foi un sinal de identidade, o faro que guiou unha maneira de construír unha cidade ao redor das crianzas.

Desde o Concello apostamos ininterrompidamente por esta iniciativa co convencemento de que o libro e a lectura, especialmente nas primeiras idades, é a mellor maneira que temos de transformar a nosa realidade para crear outra máis xusta, máis libre, mellor. En Pontevedra deixamos (e impulsamos) que os libros e os nenos e nenas ocupen a cidade e a fagan súa e, por tanto, nosa.

Cremos que os libros son unha ferramenta fundamental, a través da realidade e da fantasía, para promover a igualdade e o respecto, para entender, cuestionar e transformar o mundo que nos rodea. Apostamos pola lectura como unha maneira de entender a nosa identidade, a nosa cultura, pero tamén para achegarnos a outras realidades. Por iso incorporamos unha nova xanela aberta ao mundo: países e culturas convidadas coa que compartimos, intercambiamos, buscamos simbiose e sinerxias que nos enriquezan mutuamente a través das páxinas dos libros.

Ver información para centros e bibliografía >