Igrexa de San Bartolomé O Vello

Igrexa de San Bartolomé O Vello

Historia

O terreo que agora ocupa o Teatro Principal, situado en pleno centro histórico da cidade, ao longo dos tempos sufriu varias transformacións en canto a súa funcionalidade, polo menos dende finais do século XIII, no que se construíu a igrexa de San Bartolomé o Vello.

Despois duns séculos de crecemento e bonanza para Pontevedra, no século XVIII, a situación da cidade cambiou radicalmente, a perda dos bancos de pesca, o cegado da ría e a consecuente perda do porto, engadindo as sucesivas guerras que sofría a cidade, as pestes e a emigración das familias nobres deixaron a Pontevedra abandoada a súa sorte. Así en 1759 o governo da súa maxestade dispuxo que “por atoparse a parroquia de San Bartolomé ameazado de ruína” fora trasladado o culto a igrexa da Compañía e que se procedese a o derrubo e a edificación de casas con renda e que os beneficios foran para a parroquia.

Tras unha dura oposición popular a este plantexamento, no ano 1842, ante a ameaza de ruína que presentaba o edificio, decidiuse o seu derrubo, quedando do vello templo só unha fachada reconstruída nas Ruínas de Santo Domingo.

O solar, despois do derribo, foi empregado como praza, a Praza Tetuán, en 1864 comezan as obras do edificio para a Sociedade do Liceo Casino cun teatro anexo, coñecido posteriormente como Teatro Principal, o autor do proxecto do Liceo Casino foi o arquitecto DomingoLareu; e do Teatro Principal o arquitecto Faustino Flores. A súa inauguración tivo lugar o 2 de agosto de 1878.

A fachada do Teatro Principal, nun comezo, so era empregada para a carga e descarga de material do escenario, debido que o Teatro era de uso exclusivo para os socios do Liceo, a entrada a este se facía dende o Casino, sendo a fachada o peche posterior do escenario, sen embargo, ao quedar esta a vista, seguiuse coa liña das fachadas laterais.

O Teatro Principal acolle en abril de 1900 a primeira proxección cinematográfica de Pontevedra, e en decembro do mesmo ano a primeira audición de fonógrafo con bucina.

A aparición das salas de cine en Pontevedra, o cine Vitoria en 1943, o teatro Malvar en 1948 e o posterior cine Gónviz no 1970 delegaron ao Teatro Principal a un segundo plano, converténdose primeiro nun cine económico e posteriormente nun cine de variedades.

O 14 de abril de 1980 un incendio producido por un curtocircuíto na sala do bingo do Liceo estendéndose por todo o edificio destruíndo tamén o Teatro Principal. Mantendo soamente en pé os muros e as paredes mestras. O 22 de agosto de 1983 o Concello adquiriu as ruínas do teatro, e o 9 de xaneiro de 1984 convocouse un concurso público para a súa reconstrución.

O edificio actual, inaugurado en xaneiro de 1997, é obra do arquitecto José Miyer Caridad, que gañou o concurso do anteproxecto.