Teatro Principal

Aforo: 434 persoas

Superficie Escénica: 52 m2

Dirección: Rúa de Paio Gómez Chariño, 6. 36002 Pontevedra

Teléfono: 986 833 061

Descargas: Mapa de butacas

O Teatro Principal atópase emprazado no centro da cidade, en pleno centro histórico de Pontevedra, na rúa Paio Gómez Chariño, moi preto da Alameda de Pontevedra.

Este espazo cultural forma parte do Organismo Autónomo Pazo de congresos e exposicións vinculado ao concello de Pontevedra, no que están incluídos o Pazo da Cultura, a sala de exposicións e o recinto feiral.

Trátase dun centro de representación escénica, o auditorio do Teatro Principal ten un aforo de 434 persoas repartidos un dúas plantas. O seu escenario, que ocupa 52 metros cadrados, está dotado dunha plataforma móbil. O espazo conta cun falso teito que contribúe a unha mellora acústica.

O seu estilo decorativo busca combinar aspectos dos teatros do século XIX cun interior máis actual e moderno.

O Teatro Principal ten unha ampla e variada oferta cultural ao longo do ano.

As representacións teatrais e a música teñen un papel importante na programación anual deste espazocomposta principalmente por representacións teatrais e concertos.

Proxectos coma "domingos do Principal" "jazz no Principal" "Concertos en familia" "ponte poética" constitúen programas moi consolidados e exitosos dentro da oferta cultural da cidade.

O alto grao de ocupación ao longo do ano ven dado tamén por ser cedido de xeito gratuíto a entidades culturais, veciñais, educativas, deportivas para desenvolver actividades extraordinarias dentro da súa programación, converténdose así no gran centro social do Centro Histórico de Pontevedra.

É empregado para desenvolver os plenos da corporación municipal.

 

Caraterísticas

Cuncha Acústica

  • Sistema de megafonía fixo estéreo OPTIMUS
  • Climatización:
    • Renovación de aire
    • Calefacción
    • Refrixeración

Iluminación

  • 5 Varas electrificadas con tremoia
  • 3 Focos 2.000W CADENZA
  • 40 Focos 1.000W HARMONY modelo PC
  • 4 Recortes 1.000W HARMONY modelo 15/28
  • 4 Recortes 500W PRELUDE modelo 28/40
  • 3 Focos ciclorama 3x500W CODA 500/3
  • 30 Focos Par 1.000W
  • Mesa de luces HYDRA-SPIRIT
  • 14 Etapas de potencia 6 Dimmers 2kw

Equipos audiovisuais

  • Proxector de cine MULTIKINO 35
  • Pantalla de cine
  • Pantalla de vídeo - DVD
  • Canón SONY VPL-FE 40

Son

  • Mesa de mezclas, 20 canles ALLEN&HEATH
  • Pletina doble MARANTZ modelo SD535
  • Ecualizador MLARK TEKNIK modelo DN-332
  • Etapa de potencia AMCRON modelo Micro Teach 1000
  • Etapa de potencia ETC modelo CD450
  • Etapa de potencia CREST AUDIO modelo CA-4
  • 6 Caixas de son KLING FREITAG modelo CA 1001-250W RMS
  • 2 Monitores ELECTRO VOICE modelo FM-1202
  • 3 Micrófonos SONY modelo ECM 33F
  • Micrófono inalámbrico AKG SR80

SOLICITUDE DE RESERVA

Descargar (PDF)

Tamén te pode interesar

"Os Vellos non deben de namorarse"

30 de setembro

Os Vellos non deben de namorarse

Os Vellos non deben de namorarse, a cargo de Teatro do Morcego no 75 aniversario da súa edición. Conmemoración do Ano Castelao en [...]

Ler máis
Ponteatro: Os amores de Jacques o fatalista

6 de outubro

Ponteatro: Os amores de Jacques o fatalista

No outro volven os xoves de teatro ao Principal e o venres golvos

Ler máis
Coti: "Cercanías y Confidencias"

7 de outubro

Coti: "Cercanías y Confidencias"

Xira acústica 2016

Ler máis
Ponteatro: Palabras malditas

20 de outubro

Ponteatro: Palabras malditas

No outono voltan os xoves de teatro e o venres golfos

Ler máis
Ponteatro-Venres Golfos: Panamericana

21 de outubro - 22 de outubro

Ponteatro-Venres Golfos: Panamericana

No outono voltan os xoves de teatro e os venres golfos

Ler máis