Auditorio

Foto: IGAEM

Elegante e moderno, o auditorio é a nave central do edificio. As súas extraordinarias condicións acústicas fan posíbel a realización de calquera tipo de evento. É o escenario óptimo para interpretar non só concertos de música clásica e contemporánea, senón tamén obras de teatro e toda clase de espectáculos de ballet e danza.

As cómodas butacas están dispostas de xeito graduado, para garantir así unha boa visión e audición ás 772 persoas que teñen cabida nel.

Características técnicas

  • Aforo: 772 persoas
  • Superficie: 704 m2
  • Vestíbulo: 658 m2
  • Superficie escénica: 550 m²

Cuncha acústica

  • Sistema de megafonía fixo estéreo OPTIMUS
  • Climatización:
  • renovación de aire
  • calefacción
  • refrixeración

Espazos anexos

  • posto de control de iluminación e audio
  • sala de descanso, xastrería e prensa
  • sala de protocolo
  • 10 camaríns: 2 colectivos, 4 dobres e 4 individuais

Iluminación escénica

  • Potencia total instalada: 6 Kw (monofásica)
  • Potencia toma trifásica: 450 Kw (luz e son)
  • Varas electrificadas: 2 con 20 circuítos e 2.000 w de potencia por canle
  • Dimmers (Marca: Strand Lighting LD 90)

Son

  • Amplificadores 2 ETC Ca450 450 W

Carga

  • Plataforma elevadora ata o escenario que soporta un peso máximo de 544 kg.